PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Aviso pola aparición das primeiras esporas de mildio en viña nas Rías Baixas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda iniciar o tratamento antimildio en canto as viñas estean ben brotadas

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar o primeiro aviso fitosanitario deste 2024 advertindo da aparición das primeiras esporas de mildio. A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da institución provincial, recomenda iniciar o tratamento antimildio en canto as viñas estean ben brotadas.

Aínda que algúns algoritmos externos xa apuntaban á maduración da oospora de mildio a finais de xaneiro -o proxecto Plasmowine fai referencia a primeiros de febreiro-, o certo é que a nivel práctico a Estación Fitopatolóxica Areeiro non puido confirmalo ata esta mesma semana.  Neste eido, o persoal técnico de Areeiro asegura que as altas temperaturas, superiores as rexistradas habitualmente nesta época, unidas a unha tempada moi chuviosa, son condicións favorables para enfermidades e pragas como o mildio.  

A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda, tendo en conta que as previsións meteorolóxicas son similares para os próximos días, iniciar o tratamento en canto broten as viñas e facelo, especialmente, naqueles predios máis afectados pola patóxeno na campaña anterior.

Imaxe do captador de esporas da Estación de Areeiro. / Fonte: Deputación de Pontevedra

Imaxe do captador de esporas da Estación de Areeiro. / Fonte: Deputación de Pontevedra

Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *