A Xunta publica na Oficina Virtual de Gandería (OVGAN) a flexibilización até final de mes de movementos dentro de Galicia para animais non vacinados da lingua azul

A Consellería do Medio Rural prorroga até final de mes a flexibilización no movemento do gando non vacinado contra a lingua azul, incluída a posibilidade de enviar os xatos ao matadoiro.
Esta ampliación momentánea permite ás explotacións dar saída ao gando que cumpre os 10 meses de idade sen perder o selo de Ternera Gallega Suprema, xa que a vacinación obrigaría a pasar un período de 21 días entre doses.
Ao mesmo tempo, a Xunta anuncia de que esta posibilidade non se vai ampliar máis, de modo que está a avisar aos gandeiros que pretendan mandar animais despois do 30 de setembro para que inicien o seu procedemento de vacinación.
O prezo da vacina contra a lingua azul é duns 40€ e debe ser administrada por un veterinario
Segundo unha nota informativa publicada este martes na Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN), “debido á incidencia da EHE en gran parte do territorio da comunidade autónoma, que dificulta a aplicación da vacinación fronte á lingua azul, tomouse a decisión de ampliar excepcionalmente e sen posibilidade dunha nova ampliación, o período de flexibilización nos movementos de animais non vacinados dentro de Galicia ata o 30 de setembro, que continuarán nos termos aplicados ata o pasado 8 de setembro.
Requisitos para o movemento de bovinos e ovinos non vacinados:
Segundo a orixe, deberanse atender condicións diferentes:
Os animais de menos de 4 meses fillos de vacas vacinadas poderán seguir saíndo de Galicia sen estaren vacinados
Para movementos fóra de Galicia, tanto vida como matadoiro:
Ante a decisión da Consellería do Medio Rural de estender a autorización para deixar saír os animais das granxas sen a pauta de vacinación completa, o Sindicato Labrego Galego “pospón” a concentración convocada para este mércores día 11 en Ourense.
Con todo, o Sindicato Labrego solicita a activación das seguintes medidas e advirte de que, “de non ser atendidas nas vindeiras semanas”, activarán de novo o calendario de mobilizacións iniciado o pasado 14 de agosto.
Impacto económico da EHE nas granxas
O SLG insiste na urxencia de adoptar medidas de apoio fronte a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica e reitera a solicitude de medidas específicas para paliar os impactos económicos nas granxas.
Ademais, argumenta o SLG, “a alta incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) e a significativa taxa de efectos secundarios no gando afectado dificultan a aplicación da vacina obrigatoria de lingua azul en bovinos e ovinos”.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta