PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ampliadas as axudas para tratamentos silvícolas

Medio Rural incrementa en 3,75 millóns de euros a partida prevista para as subvencións dirixidas a rozas, podas e clareos, que acada os 11,25 millóns.

O retraso na resolución das axudas dificulta a execución dos traballos antes do verán.

A Xunta acordou ampliar en 3,75 millóns de euros a partida económica para axudas dirixidas a tratamentos silvícolas. O aumento débese ó volume de solicitudes que suscitou a convocatoria de axudas. A liña de subvencións para tratamentos silvícolas oriéntase a financiar rozas, podas e clareos.

Dos 3,75 millóns en que aumenta o orzamento das axudas, 750.000 euros corresponden á anualidade 2017 e os outros 3 millóns de euros á anualidade 2018. A ampliación das axudas non implica un aumento do periodo de solicitude.

Ver todas as noticias de forestal

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *