Ampexio® é unha nova xeración funxicida desenvolvida por SYNGENTA que logra ser sinérxica e sustentable para o control do mildiu na vide. É o froito do desenvolvemento de Syngenta de novas solucións para a viña, cunha combinación sinérxica de dúas materias activas, Mandipropamida e Zoxamida cunha importante interacción positiva no control de oomicetos, especialmente de Mildiu.
A combinación de 2 materias activas confire a AMPEXIO® unha gran efectividade no control do mildiu da vide. Os ensaios realizados reforzan esta idea, dando efectividades moi elevadas no control da enfermidade.

AMPEXIO®, usado seguindo as recomendacións de uso autorizadas a 0,5 kg/ha:
– Presenta unha elevada selectividade.
– Protexe a viña contra o mildiu e é ben tolerado tanto polas follas como polos acios.
AMPEXIO® demostrou ser selectivo:
– Nun elevado número de ensaios realizados en diversos países (Francia, Italia, Portugal, España, Austria, República Checa, Alemaña, Grecia, Hungría, Eslovaquia, Romanía e Bulgaria).
– Durante 8 campañas consecutivas (2011-2017).
– Nunha ampla gama de variedades.
AMPEXIO®, usado seguindo as recomendacións de uso autorizadas non produce alteracións significativas na maduración da uva, en fermentación e en calidade dos viños, segundo os estudos de vinificación realizados en diferentes países e variedades
AMPEXIO® é compatible coas prácticas actuais de xestión integrada, incluíndo o MIP. AMPEXIO® é compatible cos principais insectos beneficiosos da viña, incluído Kampimodromus aberrans e Thyphlodromus pyri.
AMPEXIO® debido ao seu rexistro global ten posibilidades de exportación aos principais países consumidores de viño.

1 Novo funxicida combinación sinérxica de Mandipropamida e Zoxamida
2 Controla mildiu en folla e acios
3 Baixa dose (0,5 kg/ha)
4 Uso preventivo desde floración até tamaño guisante
5 3 aplicacións por ano cun intervalo de 7-10 días
6 Sen resistencias coñecidas no mundo
7 Formulado como WG Pepite
8 Rexistrado mundialmente (sen problemas de exportación)
9 Sen interferencias na fermentación
10 Sen efectos adversos sobre auxiliares
11 Alta afinidad polas ceras da planta (ausencia de lavado)
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta