Desde fai máis dunha década Delagro, unha das cooperativas máis importantes do sector agroalimentario mantén unha relación con Jungheinrich como provedor de solucións para a súa intraloxistica.
Delagro é unha cooperativa de segundo grao integrada por máis de 23 entidades, algunhas delas, de segundo grao de Asturias, Cantabria e Galicia que, xuntas achegan 37 cooperativas representadas, con máis de 26.000 familias asociadas, das que 17.000 son socios con actividade agraria. Un grupo que aposta pola innovación, a expansión e ofrece solucións personalizadas.
A actual relación de Jungheinrich e Delagro comezou no ano 2008. “A relación con Delagro foi excelente desde entón até agora”, comenta Pablo Dieguez, técnico comercial en Jungheinrich. Delagro foi o cliente que realizou o primeiro pedido do Sistema de Xestión de Almacéns de Jungheinrich (WMS). Pola súa banda, Pablo García, director de Operacións de Delagro, valora de forma moi positiva a alianza: “Gañamos en eficiencia e eficacia grazas a Jungheinrich”.
Despois, apareceron outros proxectos que incluían desde carretillas elevadoras retráctiles a transpaletas e sistemas de andeis para o almacén. Incluso outras empresas dentro das 46 cooperativas, representadas por Delagro, mostraron interese polas solucións de Jungheinrich con pedidos de equipos de manutención, o que pon de manifesto o seu liderado dentro do sector.
Últimas innovacións dentro da colaboración
Crear valor de forma sustentable é un dos obxectivos de Jungheinrich. Delagro comparte esta filosofía apostando pola innovación. Desta maneira a cooperativa agraria decidiu cambiar as súas carretillas térmicas por carretillas elevadoras eléctricas de Jungheinrich, asumindo un aforro en combustible.
Unha cantidade considerable desas emisións proveñen da intraloxística, é dicir da manipulación de bens ou produtos en almacéns. Equipos máis eficientes de manipulación de cargas poden contribuír a reducir as emisións de CO2 daniñas e por tanto poden xogar un papel importante na redución das emisións que afectan o cambio climático.
A pesar do maior consumo de enerxía durante a produción, as carretillas eléctricas con batería de chumbo acedo causan un 42% menos de CO2 e que as carretillas de combustión diésel cunha capacidade de carga equivalente.
As carretillas eléctricas contan con motores de tecnoloxía de corrente trifásica, a diferenza das carretillas de combustión interna que teñen motores diésel ou de gas propulsor (GLP). E, aínda que o custo de adquisición das carretillas eléctricas sexa superior ao das carretillas térmicas, os sistemas de enerxía eléctricos suporán, ao longo de toda a súa vida útil, un gran aforro. As carretillas eléctricas ofrecen múltiples e diversas vantaxes, entre as que se poden destacar:
– Custos enerxéticos reducidos. A eficiencia enerxética do motor das carretillas eléctricas é de máis do dobre que o das carretillas diésel e de gas, o que se traduce en menos perdas de enerxía e máis rendemento. Se tomamos os custos enerxéticos dunha carretilla de gas como referencia, podemos dicir que os mesmos custos enerxéticos dunha carretilla eléctrica equivalente supoñen un 30-40% en comparación, mentres que os custos enerxéticos das carretillas diésel son de entre un 80-120% aproximadamente.
– Menor pegada de carbono. As carretillas eléctricas non emiten gases nin partículas á atmosfera, mentres que as carretillas de combustión interna si o fan e, por tanto, son máis contaminantes que as eléctricas.
– Traballo en interiores. Como as carretillas eléctricas non emiten gases contaminantes, non teñen ningunha restrición para o seu uso subterráneo ou en interior. En cambio, as carretillas diésel e de gas teñen restricións para o seu uso en lugares pechados ou subterráneos.
– Menos contaminación acústica. Mentres que as carretillas térmicas xeran entre un 100 e un 120% de emisións ruidosas, a carretilla eléctrica soamente é responsable dun 50% de emisións acústicas.
– A contaminación da mercadoría redúcese. As carretillas eléctricas non emiten gases contaminantes á atmosfera, polo que pode transportar mercadoría de calquera tipo sen risco a que esta se contamine.
– Corredor de traballo máis estreito. O ancho de corredor das carretillas eléctricas redúcese e, por tanto, as carretillas con sistemas de enerxía eléctricos son máis maniobrables e versátiles.
– Mellor aceleración e menor velocidade de elevación con carga, en comparación coas carretillas de combustión interna.
Se analizamos o seguinte gráfico do TCO (Total Cost of Ownership, o custo total de adquisición) dunha carretilla térmica, pódese comprobar que, aínda que o investimento inicial é importante, co tempo os custos operativos acaban sendo moi superiores. En cambio, coas carretillas eléctricas, os custos derivados do funcionamento redúcense en gran medida. A seguridade e ergonomía destas carretillas minimizan os custos persoais operativos das carretillas e, ademais, a súa alta eficiencia enerxética permite reducir o consumo enerxético e obter un rendemento máximo.

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta