A sede española de Alltech, empresa líder mundial en saúde e alimentación animal conseguiu a certificación de BUREAU VERITAS de Sistemas de Xestión da Inocuidade dos Alimentos.
Alltech Spain obtivo a certificación ISO 22000:2005 sobre a inocuidade dos alimentos ao longo de toda a cadea de produción, da man de BUREAU VERITAS. A norma ISO 22000 é un estándar mundial desenvolvido pola Organización Internacional de Normalización sobre a seguridade alimentaria durante o transcurso de toda a cadea de subministración.
Para Alltech Spain, “esta certificación supón cumprir cun dos obxectivos corporativos de garantir a seguridade alimentaria en todos os procesos e a fabricación dos nosos produtos converténdonos nun referente do sector”.
Ana Espinosa, responsable de Calidade de Alltech Spain destaca que “esta certificación responde o compromiso da compañía pola mellora continua e pola procura da máxima calidade nos nosos procesos produtivos”.
“O sistema de calidade e trazabilidade de Alltech garante o cumprimento dos máis altos estándares de calidade e inocuidade alimentaria e, por tanto, dá absoluta confianza aos nosos clientes”, engade. Con esta nova certificación de BUREAU VERITAS sobre a Xestión da Inocuidad Alimentaria, Alltech Spain achega novas garantías de calidade aos seus clientes.
“En Alltech, axudamos aos agricultores e gandeiros a alimentar ao mundo, a criar animais sans e a protexer o medio ambiente a través da innovación e o desenvolvemento das nosas solucións en nutrición. Trinta e cinco anos de investigación en nutrición e saúde animal permítennos desenvolver e fabricar novos suplementos alimenticios que melloran o rendemento dos animais e os resultados dos gandeiros. Xunto a nosos máis de 6.000 empregados de gran talento en todo o mundo, esforzámonos por lograr un planeta de abundancia grazas á nosa iniciativa ?Working Together for a Planet of Plenty”, destacan dende a compañía. Mediante a implementación de novas tecnoloxías, melloras no manexo das explotacións e o enxeño propio do espírito humano, “cremos que un planeta de abundancia está ao noso alcance”.
“O noso grao de satisfacción pola certificación ISO 22000, que todo o equipo de Alltech Spain conseguiu, é moi alto. A obtención dunha certificación como é a ISO 22000 supón un valor engadido para todos os nosos clientes”, asegurou Alejandra Galipienso, directora xeral de Alltech Spain.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta