Ao mesmo tempo que a agricultura e a gandaría encamíñanse cara a solucións e ingredientes máis sustentables, Alltech E-CO2 desenvolveu o modelo Feeds EATM para axudar a fabricantes e produtores de pensos a medir e a reducir a pegada de carbono dos pensos a nivel global.
Feeds EATM mide o impacto da produción de pensos no medio ambiente desde a mesma fábrica de pensos, valorando a pegada dos compostos ou mesturas existentes. A medición realízase calculando as emisións de gases de efecto invernadoiro da produción, cultivo, procesamiento, uso da enerxía e o transporte involucrados na fabricación do penso. Feeds EATM pode calcular as emisións mediante unha base de datos de máis de 300 ingredientes, que inclúe materias primas, produtos de soia, subproductos e aditivos.
“Optimizando a sustentabilidade da produción de pensos, proporcionamos enormes oportunidades a toda a cadea de subministración·, expresou Ben Braou, director xeral de negocios de Alltech E-C02. “Utilizando Feeds EATM, os fabricantes de pensos obteñen a forma de mellorar aínda máis a súa gama de produtos e acreditacións de sustentabilidade, a través da subministración de penso cun menor impacto no medio ambiente”.
Os pensos teñen o potencial de influír até un 80% na pegada de carbono dunha explotación, tendo en conta as emisións directas da produción, así como o transporte de pensos e as emisións indirectas que proveñen do impacto dese penso no gando. Con todo, o verdadeiro impacto depende da especie e do sistema de produción. O modelo Feeds EATM proporciona unha oportunidade de optimizar unha ración, demostrando como os cambios nunha formulación poden reducir a pegada de carbono do penso. Algúns ingredientes conteñen unha maior carga de carbono que outros, polo que a substitución ou substitución de ingredientes específicos por alternativas máis sustentables pode ter repercusións importantes.
“En Alltech E-CO2, somos capaces de traballar coas fábricas de pensos e cos produtores, para tomar os datos desas emisións específicas dos pensos e aplicalas ao ámbito da explotación a través das nosas avaliacións certificadas de granxa”, explicou Braou. “O que incrementa de maneira notable a precisión e a oportunidade de medir e mitigar a pegada de carbono ao longo da cadea alimentaria e de pensos”.
Feeds EATM permite aos fabricantes de pensos producir e comercializar pensos máis sustentables, desa maneira capacita aos produtores a elixir dietas cun menor impacto no medio ambiente. Isto ten a súa particular relevancia en mercados que contan cun enfoque de protección do medio ambiente, onde os prezos en orixe están unidos á métrica da sustentabilidade.
Aos fabricantes ou aos produtores de pensos que usan Feeds EATM, proporciónaselles información resumida dos cálculos da pegada de carbono nos pensos, o que permite comparar entre si diferentes compostos ou mesturas. O informe inclúe o número de ingredientes contidos nos pensos, a súa inclusión no penso de forma porcentual, a súa pegada de carbono en porcentaxes e a porcentaxe de quilogramos de CO2e por tonelada, que se derivan da desagregación de emisións procedentes dos pensos das diferentes categorías analizadas.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta