PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Actualización da Axenda de Impulso da Industria Forestal – Madeira

Parque de madeira. / Arquivo.

A Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, presentará este venres a partir das 12.30 horas a actualización da Axenda de Impulso da Industria Forestal – Madeira. Os traballos de revisión da Axenda, que se acometeron nos últimos meses en colaboración coa Universidade de Vigo, están xa a piques de finalizarse. Como paso previo á edición da Axenda, este venres presentaranse os resultados.

Desde XERA e desde a Universidade de Vigo agradecen a participación das empresas, entidades e profesionais que colaboraron coa revisión da Axenda de Impulso da Industria Forestal – Madeira.

A presentación do venres poderase seguir online, pero será precisa a inscripción previa a través deste formulario. A data límite de inscripción é o mércores 2 de febreiro.

PUBLICIDADE

Programa

12:30 – 13:20 h. – Presentación da actualización da Axenda de Impulso da Industria Forestal-Madeira

  • Juan Picos, Escola Enxeñaría Forestal de Pontevedra, Uvigo
  • Montserrat Rodríguez, Axencia Galega da Industria Forestal

13.20 – 13:30 h. – Clausura

  • Alberto Nuñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia
Ver todas as noticias de madeira

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *