Por cuarta campaña consecutiva, a empresa familiar ourensá aumenta a recollida de oliva galega e alcanza os 45.000 quilos. Agardan sacar ó mercado unhas 10.000 botellas de aceite galego

A campaña 2021 preséntase con boas perspectivas para a empresa galega Aceites Abril, que prevé alcanzar unha produción de 45.000 quilogramos de oliva para a elaboración de ‘Colleita Propia’, o seu aceite de oliva 100% galego. Nesta campaña agardan acadar as 10.000 botellas de medio litro desta edición limitada.
A cifra, que se confirmará unha vez termine a campaña de recolección a principios de decembro, supón un incremento de practicamente un 15% con respecto á colleita da campaña anterior, na que case se alcanzaron o 40.000 quilos. O incremento da produción deste ano debeuse a que gran parte dos oliveirais incluídos neste proxecto atópanse en plena produción. Agardan que esta tendencia se siga consolidando nas próximas campañas de recollida de froitos.
A nivel de consumo tamén notaron un incremento da demanda do seu aceite galego. “A pandemia motivou un cambio de tendencia nos consumidores, cun incremento na colaboración e púxose encima da mesa a importancia dun consumo responsable, das economías locais e da calidade”, reivindica Elena Pérez Canal, responsable de márketing e exportacións da firma. Así, en outubro esgotaron as existencias da colleita anterior do seu aceite galego. A súa Colleita Propia póñena á venda a partir de decembro e comercialízana tanto en tendas de alimentación especializada como na súa propia tenda on-line.
Durante a visita aos oliveirais, Elena Pérez Canal destacou a firme aposta e compromiso da empresa ourensá por este proxecto, a través do cal vertebran a súa aposta pola recuperación das oliveiras de Galicia xunto a máis dun centenar de produtores locais.
Levan máis dunha década con este proxecto que xurdiu do compromiso da firma coa contorna. “Colleita Propia é o compromiso co medio rural, co coidado dos montes, coa creación dunha barreira natural contra o lume, con favorecer a fixación de poboación no rural, cos produtos locais e a economía de proximidade. En definitiva, ligar a nosa actividade produtiva ao compromiso coa nosa contorna. E a través do proxecto Colleita Propia pretendemos dar visibilidade ás prácticas sustentables ao redor do sector agroalimentario”, reivindican dende a empresa familiar.
No marco do proxecto Colleita Propia platáronse unhas 140 hectáreas de oliveiras en concellos e comorcas como Verín, Valdeorras, Quiroga, Ourense, Caldas de Reis, Deza ou O Salnés
Baixo o proxecto Colleita Propia, ao longo de máis dunha década, plantáronse máis de 200.000 plantas en comarcas de Verín, Valdeorras, Quiroga, Terras de Lemos, O Ribeiro, Ourense, Ou Baixo Miño, O Salnés, Caldas de Reis, Deza e Carballiño, que conformarían unha superficie aproximada de 140 hectáreas de oliveiras.

Aceite Colleita Propia elaborado só con olivas galegas.
No marco desta iniciativa, dende a empresa teñen o compromiso de compra da produción a un prezo superior á media nacional por parte de Aceites Abril. Ademais, ofrécenlle aos pequenos produtores o estudo de viabilidade das súas parcelas (informe de campo, recollida de mostras, análises do chan e tratamento de datos climáticos), así como asesoramento técnico e formativo.
Todo o traballo que hai detrás deste proxecto acaba de ser recoñecido polo Cluster de Comunicación de Galicia, que o nomeou finalista á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial na VI edición dos Premios Paraugas, que se celebrarán este venres, 12 de novembro, en Expourense.
Co proxecto Colleita Propia tamén están a promover o uso da primeira e única certificación de carácter oficial que garante a produción do aceite oliva virxe extra con olivas procedentes exclusivamente de Galicia.
“É un dos primeiros pasos de cara á consolidación do sector olivarero galego e alicerce fundamental sobre o que construír un marco normativo que garanta a produción de aceites de oliva virxe extra procedentes de oliveiras do noso territorio, o que vén ser os primeiros pasos para a constitución dunha Indicación Xeográfica Protexida”, indican dende Aceites Abril.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta