PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Abre a inscrición para unha xornada sobre produción de mazá de sidra

Agaca organiza a xornada online e nela participan produtores e comercializadores de Galicia e Asturias

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza para o 20 de setembro unha xornada online dedicada á produción de mazá de sidra, de 09:30 a 14:30 horas. É a penúltima das xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural e xa ten as inscricións abertas.

Para levar a cabo a xornada, contarán con relatorios de produtores e comercializadores de mazá destinada é produción de sidra tanto de Galicia como de Asturias.
xornada maza sidra agaca

Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.

PUBLICIDADE

09:40 – Introdución á produción de mazá para sidra.
Demetrio Bedriñana – técnico de AGACA.

10:00 – A selección de variedades de mazá e a súa adaptación ao clima e ao chan.
Enrique Dapena. Programa de Fruticultura SERIDA.

10:40 – Cultivo e manexo da maceira.
José Ramón La Lloba. Vivero La Lloba.

11:30 – Breve descanso

PUBLICIDADE

11:45 – Colleita e almacenamento da mazá.
Cele Foncueva. Lagarero de Asturias.

12:30 – Sostibilidade e prácticas ecolóxicas no cultivo de mazá.
Inacio Bellas. Viveiros Gudín.

13:30 – Experiencias na produción e comercialización de mazá de sidra en Galicia.
José Antonio López. Productor en A Estrada.

PUBLICIDADE

14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura.
Higinio Mougán.

14:30 – Fin da Xornada.

Xornadas formativas
Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeneración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural, na contorna das cooperativas.

As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo.

Ver todas as noticias de agricultura

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *