A póliza de millo forraxeiro poderase contratar ata o 15 de abril no caso de elixir o módulo 2, o máis habitual en Galicia
Ucoga, a correduría de seguros agrarios líder en Galicia, conta coa maior cota de mercado neste tipo de póliza especializada. Destaca especialmente o alto volume de seguros tramitados para cultivos de millo forraxeiro. Son especialistas no sector e explícannos todo sobre este tipo de seguro.
Que cultivos son asegurables?
A través do seguro para cultivos forraxeiros pódense asegurar as explotacións de millo forraxeiro, alfalfa forraxeira, veza forraxeira e outros cultivos forraxeiros para herba seca. Tamén entran nesta categoría de seguro as sementes forraxeiras e as producións de palla dos cultivos de cereais de inverno e dos pastos.
Que danos cobre este seguro?
Esta póliza cobre os danos que poida sufrir a produción de millo por un custo moi asumible para o propietario da explotación. Asegurar unha hectárea de millo pode oscilar entre 9 e 14 euros, e dá cobertura a riscos tan valorados como as adversidades climáticas (como seca), fauna silvestre como o xabaril, pedrisco ou incendio. Tamén son asegurables a non nascencia e o resto de adversidades climatolóxicas.
A contratación deste seguro garante a cobertura desde o momento de sementeira, cunha carencia de 6 días, finalizando no momento da recolección.
Cal é o prezo de produción?
Con respecto ao ano pasado, este ano aumenta o prezo de produción por quilo. Pasa de 0,032 a 0,038 euros/kg; isto indica que o seguro subirá un pouco pero que tamén, en caso de ter un sinistro, cobrarase unha maior indemnización.
Diferentes módulos para escoller a opción que máis de adapte a cada caso
Para este seguro existen 3 tipos de modalidades de contratación.
O módulo 1 e 2 teñen as mesmas coberturas cunha única diferenza: No Módulo 1, o cálculo da indemnización faise por explotación completa (Comarca) e no módulo 2 faise por parcela (exceptuando as coberturas de non nascencia e adversidades climáticas).
O terceiro módulo, denominado Módulo P, non cobre a non nascencia nin o resto de adversidades climáticas.
Cabe destacar que, sen dúbida, o módulo máis contratado é o Módulo 2, xa que neste pódese calcular o dano por parcela afectada.
Cal é o período de contratación?
Nestes momentos e, até o día 15 de abril, pódese contratar calquera dos 3 módulos. A partir do 15 de abril soamente estará dispoñible o módulo P, aberto até o 15 de Xullo do 2021. Estas garantías finalizan o 31 de outubro.
Que subvención ten este seguro?
A subvención que concede o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través de ENESA, dependendo do módulo que se escolla, pode chegar até as seguintes cifras.
Consulta con Ucoga a subvención que che corresponde en función das características da túa explotación. Ademais, informarante das subvencións que poida conceder a túa comunidade autónoma.
Contar cun mediador especializado en seguros agrarios como o é Ucoga, aforrarache tempo e cartos, ademais de axilizar todos os trámites. Solicita información en Ucoga chamando ao 881 155 155, un asesor especializado atenderá todas as túas consultas.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta