PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Aberto o prazo de axudas para recuperar terras abandonadas en Lugo

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para que as explotacións agrarias soliciten axudas para a recuperación de terras agrícolas abandonadas. O apoio previsto polo organismo provincial é de 500 euros por hectárea e destinará un total de 300.000 euros a esta liña de subvencións, o que en teoría permitirá a posta en produción de arredor de 600 hectáreas.

As persoas interesadas teñen 20 días hábiles, a contar desde mañá martes, para presentar as súas solicitudes. A superficie mínima de terras baldías que se deben comprometer a recuperar é dunha hectárea, ben nunha parcela ou en varias, e terán que manter a actividade sobre ese terreo alomenos cinco anos.

A dispoñibilidade dos terreos pode ser por aluguer, cesión ou en propiedade da explotación. As terras beneficiadas terán que destinarse a actividades agrícolas ou gandeiras. Queda fóra, polo tanto, a explotación forestal. A subvención por hectárea é de 500 euros e cada beneficiario poderá recibir un máximo de 9.000 euros.

PUBLICIDADE

Medida pioneira
A Deputación de Lugo lembra que foi a primeira administración galega en apostar por unha medida similar. Nos dous anos que estas axudas estiveron en funcionamento, 2014 e 2015, o Goberno Provincial investiu máis de 560.000 euros, que serviron para que 178 agricultores lucenses recuperasen 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia.

Ver todas as noticias de axudas

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *