O próximo 15 de xuño finaliza o prazo de inscrición na 40ª Escola Nacional de Xuíces Gandeiros, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de xullo de 2023 coorganizada por CONAFE e a Federación Frisoa Galega (FEFRIGA), coa colaboración de Africor-Coruña, Africor-Lugo e Africor Pontevedra e a participación de gandarías locais.
Os asistentes terán a oportunidade de coñecer en profundidade como se xulgan os animais na pista dun concurso. As prazas son limitadas.
A escola comezará o mércores 19 de xullo cunha charla sobre morfoloxía, a cargo de Santiago Mato, xefe do Dpto. de Morfoloxía de CONAFE, e outra sobre xulgamento, que impartirá Santiago García Souto, director técnico da escola. A continuación haberá unhas clases prácticas con animais de gandarías da provincia da Coruña.
O xoves 20 e o venres 21 de xullo desprazaranse a Lugo e a Pontevedra para facer seccións prácticas en gandarías.
A inscrición debe realizarse antes do 15 de xuño enviando o formulario de inscrición ou contactando con CONAFE no 91 895 24 12 (tlf. e WhatsApp) e en conafe@conafe.com
O obxectivo destas escolas, que se retomaron con gran éxito o pasado ano 2022, é a formación de Xuíces Gandeiros e, igualmente importante, achegar coñecementos morfolóxicos do animal que permitan mellorar o nivel do rabaño, corrixindo os defectos ou aumentando as virtudes dos seus animais mediante un mellor emprego do material

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta