O evento, organizado en Sarria co apoio da Deputación de Lugo, abordará os retos de sustentabilidade e rendibilidade agraria no marco europeo

O xoves 7 de novembro, a Casa da Cultura de Sarria acolle a xornada formativa “O sector bovino de carne perante o reto do cambio climático”, organizada pola Federación Rural Galega – FRUGA, e dirixida aos gandeiros e gandeiras da comarca e da provincia de Lugo.
Este evento ten como obxectivo abordar os desafíos que presenta o marco europeo en relación coa sustentabilidade e a rendibilidade das producións agrarias e gandeiras, nun contexto de cambio climático.
A iniciativa, que conta co respaldo da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, busca ofrecer unha visión local sobre as cuestións tratadas no “Diálogo Estratéxico sobre o futuro da agricultura da Unión Europea”. Este diálogo destaca como principais retos o futuro do sistema alimentar europeo, a incorporación da tecnoloxía e da innovación, así como a preservación dos límites naturais.
Programa do evento:
De 10:00 a 10:20 horas
De 10:30 a 11.30 horas
De 11.30 a 12.30 horas
De 12:30 a 13:00 horas
Esta acción formativa terá continuidade o 17 de novembro en Chantada, cunha xornada dedicada ao sector vitícola na Ribeira Sacra na que se analizará a crise de produción, comercialización e consumo, a aplicación de produtos fitosanitarios e a súa influencia sobre o entorno social e medioambiental e o papel dos consellos reguladores.
Cartel da xornada.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta