PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A D.O. Monterrei suma unha nova adega

A adega Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff recibe a certificación para etiquetar os seus viños como branco e tinto Monterrei

A sede do Consello Regulador acolleu unha reunión do Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei, destinada a valorar a certificación dunha nova adega do territorio vitivinícola.

Unha vez o Comité constatou que esta adega superou todos os requisitos necesarios, a adega Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (situada en Mourazos, Verín) pasa a certificar os seus viños baixo a tipoloxía: branco Monterrei e tinto Monterrei. Esta certificación posibilita que a adega utilice no etiquetado das súas botellas as tirillas distintivas da D.O. Monterrei.

Con esta incorporación, xa son 29 as adegas inscritas e certificadas pola Denominación de Orixe Monterrei, que aglutina os municipios de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

PUBLICIDADE

Os viñedos de Monterrei ocupan 720 hectáreas de territorio, nas que traballan 375 viticultores.

Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *