A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acorda continuar cos prezos da pasada semana. En becerros de recría e gando de abasto tamén prosegue a estabilidade, con repuntes de 5 céntimos en vacún maior
As cotizacións do vacún tenderon esta semana á estabilidade nas Mesas de Prezos do mercado de Amio (Santiago). En Ternera Gallega, decidiuse un mantemento das cotizacións e agárdase unha próxima recuperación do conxumo que permita un repunte da valoración dos animais.
Como adoita ser habitual cada ano, os prezos dos becerros cebados experimentaron unha tendencia á baixa no primeiro trimestre e confíase na habitual recuperación cara ó verán, cando a demanda é maior. Este ano as cotizacións nas distintas categorías caeron en torno a 20-35 céntimos desde inicios de ano, unha situación estacional que vai ligada a unha baixada do consumo e a un aumento da produción.
Becerros de recría e vacún maior
As Mesas de Prezos de becerros de recría decidiron o mantemento das cotizacións, en tanto que en vacún maior acordouse unha suba de 5 céntimos nas categorías O e P. O resto das categorías mantén a estabilidade.
En canto o mercado deste mércores, o recinto de Amio recibiu 2.015 reses, 194 máis que na anterior sesión. Deses animais, 1.500 eran vacún menor e o resto repartíase entre vacún mediano (213) e maior (268).
Informe completo das cotizacións das Mesas de Prezos de Amio
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta