CONAFE acaba de publicar os resultados das probas xenómicas de raza frisoa do mes de novembro. Un touro de Xenética Fontao, Salvus ET, sitúase como o mellor nos xenómicos, e outro de Ascol, Peto AS Melvin ET, lidera a lista dos probados
A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de novembro.
Neste sentido, no Catálogo de Touros Xenómicos, que xa copan a maior parte da demanda de seme -arredor dun 70% este ano-, o novo líder é un touro de Xenética Fontao: Salvus ET, fillo de MR Salvatore ET e de nai DG JK Simmy. Acadou nada menos que 4.985 puntos GICO.
En segundo e en terceiro lugar sitúanse outros touros de Xenética Fontao: Pentagon K&L Pokemun Clun, con 4.900 puntos, e LMG Quantum Denmark ET, cun GICO de 4.840 puntos.
Velaquí o listado dos 20 primeiros touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%:

Consulta aquí a lista completa
En canto á listaxe de 100 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe volve estar encabezada por Peto AS Melvin ET, un touro de ASCOL con 4170 puntos. Onde si hai novidade é na segunda posición, que lle corresponde a McBando Bandido ET , un touro de Xenética Fontao, con 3.974 puntos. E a terceira praza corresponde tamén a outro touro do centro público galego, RI Opsal Nissan ET, con 3.967 puntos.
Velaquí o listado dos 20 primeiros touros probados, cunha fiabilidade superior ao 80%:

Consulta aquí a lista completa:
En canto ao listado de 200 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por un español, Peto AS Melvin ET, de ASCOL, con 4170 puntos, seguido de dous touros americanos, DE-SU MGL GREENWAY 11396 ET e Chartroise Smurf, con 4082 e 4052 puntos, respectivamente:

Consulta aquí a lista completa.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta