PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada en Lalín sobre podoloxía en vacún de leite

A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Conafe, organiza este martes, 25 de abril, na Finca Mouriscade (Lalín) unha xornada técnica sobre podoloxía en gando vacún.

Na xornada, que se celebrará no salón de actos a partir das 11.45 horas, diversos expertos abordarán temas como a valoración xenómica dos animais e a súa saúde podal, dous aspectos que repercuten favorablemente no benestar animal e, por tanto, na rendibilidade económica das explotacións de vacún de leite.

Para poder asistir a esta xornada, dirixida a técnicos e gandeiros, recoméndase comunicar a asistencia a administracion.mouriscade@depo.es ou chamar ao teléfono 886 217 200

PUBLICIDADE

Velaquí o programa da xornada:

MOURISCADE_PODOLOXIA

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *