
Africor Lugo organiza para este sábado, 11 de febreiro, unha poxa de gando Frisón no Mercado Gandeiro de Castro Ribeiras do Lea. Será a primeira do ano organizada por Africor Lugo en colaboración co concello de Castro de Rei.
Todos os animais contan con análises sanitarios, grazas á colaboración cos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.
Son animais criados en explotacións da provincia, adaptados ás condicións de manexo de Galicia. “Trátase de potenciar e dar valor ao producido nas explotacións galegas, sen ter que depender do exterior para repoñer animais”, aseguran dende Africor Lugo.
Ademais, destacan que este tipo de poxas ofrecen importantes vantaxes:
Para os compradores:
-Concentración da oferta
-Garantías sanitarias
-Animais procedentes de explotacións cércanas
-Información xenealóxica completa
-Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
-Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao
Para os vendedores:
-Poxas publicitadas
-Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
-Concentración de compradores
-Publicidade para a gandería
Para o sector produtor de leite en xeral:
-O diñeiro dos compradores vai parar a outros gandeiros cercanos e non a outros países como ocorrería se merca animais estranxeiros.
-A creación dun mercado onde os gandeiros poidan vender os excedente incentiva a recría
-Se hai máis recría será preciso máis forraxe, máis penso e máis instalacións de forma que o diñeiro dos compradores vai repercutir sobre todo o sector.
-A redución do número de animais procedentes doutras zonas reduce a posibilidade de incorporar enfermidades.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta