PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

UCGAL denuncia que Hipercor vende leite a 0,39 € o litro

Oferta de Hipercor. Foto: UCGAL

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) denuncia que os supermercados Hipercor, pertencentes a El Corte Inglés, están a vender leite de oferta a 0,39 € o litro da súa marca branca, fabricada por Central Lechera Asturiana.

Hipercor ten en marcha a campaña 50% de Rebote na que, do 14 ao 31 de xaneiro ofrece máis de 500 produtos a metade de prezo e sen necesidade de compra mínima, entre eles o leite da súa marca branca, cuxo prezo sen este desconto é de 0,78 euros o litro.

“É un claro exemplo de venda a perdas e de incumprimento do acordo lácteo”

PUBLICIDADE

Para UCGAL este desconto aplicado ao leite “supón un incumprimento dos compromisos alcanzados pola distribución co sector lácteo”. “Esta publicidade, que induce a erro no consumidor, parécenos un exemplo claro de venda a perdas”, denuncian desde a asociación de consumidores.
Neste sentido, UGCAL ten pensado tomar medidas respecto diso e trasladar este caso ás institucións competentes de consumo e de comercio.

Dáse a circunstancia, de que El Corte Inglés, propietario dos supermercados Hipercor, alcanzou o pasado martes un compromiso coa Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego para subirlle 2 céntimos nos pagos do leite ao seu provedor de marca branca, Central Lechera Asturiana, para que traslade esta subida aos gandeiros.

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *