PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Sen cambios nos prezos do vacún en Amio

Animales no recinto feiral de Amio. // Imaxe de arquivo.

Os prezos do vacún mantivéronse sen cambios esta mañá no Mercado de gando de Amio, segundo a sondaxe realizada entre os asistentes á feira.

Pola súa banda, a mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou tamén manter os prezos da sesión anterior para tódalas calidades e categorías.

En canto á asistencia houbo 1.605 reses, o que supón 60 máis que a sesión da semana pasada. En concreto, na feira de hoxe contabilizáronse 1.279 cabezas de vacún menor, 51 menos que na sesión anterior. Houbo 126 de vacún mediano (39 máis) e 200 de vacún grande (77 máis que a semana pasada).

PUBLICIDADE

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (7-VI-2023).

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *