O Grupo Soaga comercializa a única emenda do mercado que se aplica con cisterna no momento de abonar, o que lle aforra custos ás ganderías. O produto mellora o poder fertilizante do xurro e reduce os malos cheiros e as perdas de nitróxeno por volatilización

Calcimag Flow pode aplicarse con cisterna convencional ou mediante sistemas de tubos colgantes
CALCIMAG FLOW é una enmenda cálcica líquida a base de carbonato de calcio en suspensión que se aplica nas fincas mesturada co purín. O produto, único no mercado e comercializado en Galicia polo Grupo Soaga, ofrece numerosas vantaxes.
A primeira é que o produto mestúrase co xurro na fosa ou balsa e aplícase despois no campo conxuntamente co purín, nunha única pasada de cisterna, co consecuente aforro de tempo, traballo e combustible. Ademais, evítase o po habitual noutro tipo de produtos.
Lógrase un considerable aforro de tempo e diñeiro, xa que cunha única aplicación sobre o terreo conséguese encalar e fertilizar ao mesmo tempo
PUBLICIDADE
Outros beneficios claros desta suspensión líquida de carbonato de calcio (contén 400 millóns de partículas por cm3) están no aumento do nitróxeno dispoñible no xurro para o cultivo, así como na redución de malos cheiros e de emisións de amoníaco á atmosfera.
Corrección do pH do chan
A mellora da fertilidade do chan vén dada por tres factores: o incremento do pH do chan, o aumento da actividade biolóxica e a mellora da asimilación de elementos como o nitróxeno, o fósforo e o potasio contidos no purín.
Calcimag Flow acelera a mineralización e nitrificación do nitróxeno e estimula o crecemento microbiano no chan
PUBLICIDADE
Hai que ter en conta que a reactividade deste produto é moi superior á dun carbonato cálcico convencional, de forma que 500 kg de Calcimag Flow equivalen aproximadamente a 1.800 kg de carbonato cálcico estándar.
Momento óptimo de incorporación á fosa de xurro

Incorporación de Calcimag Flow a unha fosa de purín, onde se recomenda a súa permanencia de 4 a 8 semanas
O produto pode incorporarse á balsa xusto antes da súa aplicación no campo, aínda que desde Soaga, que distribúe o produto en Galicia, recoméndase un período de permanencia na fosa de xurro de 4 a 8 semanas. Neste tempo, realizaranse axitacións periódicas, así como un último batido xusto antes de botalo nas fincas, para garantir unha disolución homoxénea.
Este sería o momento idóneo para incorporar o produto ao xurro na fosa de cara ao abonado de primavera das praderías e terras de cultivo de millo
O produto é subministrado nun camión cisterna de 26 toneladas e existe a posibilidade de dividir o seu contido entre dúas ganderías próximas. Cada gandería ten que conxugar factores como a capacidade da balsa e o número de hectáreas a tratar. O volume de produto pode utilizarse para aplicar nun número de hectáreas variable, en función do impacto que se desexe conseguir sobre o terreo. Unha vez incorporado Calcimag Flow á balsa, o gandeiro será o que decida datas de aplicación e dose.
Optimización do nitróxeno orgánico

Pradeira de triticale con wester abonada con Calcimag Flow (á esquerda) y sen el (na parte dereita)
Durante o tempo que permanece actuando na fosa, Calcimag Flow logra incrementar o poder fertilizante do xurro, demostrando ser o único material calizo eficiente ao 100% que mellora a dispoñibilidade de nutrintes da materia orgánica.
Esta solución permite mellorar o chan e aforrar en fertilizante, ao lograr un aumento da dispoñibilidade de nitróxeno para as plantas
Calcimag Flow minimiza a volatilización N/NH3 e mellora a mineralización e a nitrificación, por tanto, a eficiencia do nitróxeno, permitindo unha redución no uso de fertilizantes químicos, o que supón un importante aforro económico no abonado dos cultivos.
Vantaxes ambientais
As probas realizadas no laboratorio demostraron os efectos positivos da utilización de Calcimag Flow mesturado co xurro sobre a retención do amoníaco, o que equivale a un mellor aproveitamento do poder fertilizante do purín e a unha redución evidente dos gases de efecto invernadoiro emitidos á atmosfera.
O produto reduce o mal cheiro no momento da aplicación e minimiza as perdas por volatilización
Por iso, a maiores das vantaxes nutricionais para os cultivos e a mellora da fertilidade do chan, o uso de Calcimag Flow vai en consonancia coas políticas europeas definidas na nova PAC e no Decreto de Nutrición Sostible de Chans Agrícolas aprobado polo Ministerio de Agricultura, ao reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e a perda de nutrintes.
Desde o punto de vista social, o uso de Calcimag Flow reduce as molestias por malos cheiros en vivendas ou núcleos de poboación próximos á hora de aplicar o xurro, debido ao descenso nas emisións de amoníaco e de ácido sulfhídrico. Por outra banda, evítase a formación de po das tradicionais aplicacións de calizas en praderías e terras de cultivo.
Más información: Sociedad Agrícola Gallega, SL (SOAGA)

En Galicia, de maneira xeral, os chans tenden a ser acedos. Esta natureza fai que os nutrintes que achegamos mediante o abonado non estean totalmente dispoñibles para as plantas, provocando un maior custo e unha menor eficiencia na fertilización. A corrección do pH do chan e a redución dos niveis de saturación de aluminio, é unha das claves para lograr un óptimo aproveitamento e absorción dos nutrintes.
Para corrixir esta acidez necesitamos encalar o terreo, pero non todos os produtos existentes no mercado son iguais. CALCIMAG GRANULADO procede de depósitos fósiles de algas mariñas. Deste xeito, é máis que unha emenda cálcica; é un mellorante de chans, un produto 100% ecolóxico sen aditivos, que ademais de conter unha gran cantidade de calcio, posúe tamén magnesio e 32 oligoelementos, o que o converte no mellor corrector de chans.
Debido á súa procedencia, ademais de achegar calcio e magnesio, contén oligoelementos beneficiosos para o crecemento das plantas, presentes de forma natural nas propias algas mariñas
Outra das características destacadas do produto é a súa finura de moenda, logrando deste xeito un 50% máis de reactividade con respecto a un cal agrícola común, explican no Grupo Soaga, que comercializa este produto en Galicia, dispoñible en formato granulado para aplicar con abonadora.
Menor dose, mellor resultado
Esta capacidade reactiva fai que a dose a utilizar sexa moito menor que os cales habituais cuxa orixe é mineral. “As recomendacións para a utilización Calcimag Granulado deben facerse mediante analítica previa do terreo, pero a dose adoita ser un terzo menor ca nun cal mineral”, explican os técnicos de Soaga.
Calcimag Granulado aplícase con abonadora e logra un 50% máis de reactividade con respecto a un cal agrícola común de orixe mineral
Calcimag é moito máis eficiente no terreo ca outros produtos, garantindo un maior aproveitamento dos nutrintes achegados. O aumento do pH é máis rápido e sostido no tempo, o que garante mellores resultados tanto de forma inminente, para o cultivo inmediato, como a longo prazo, prolongando deste xeito a fertilidade natural do chan.
“Aplicado en praderías permanentes, por exemplo, Calcimag mellora a calidade do pasto e reduce ademais a presión de malas herbas. Cando o aplicamos en praderías para sega, estariamos a preparar o terreo para as achegas de abono previas ao corte de ensilaxe”, explican os técnicos da empresa galega, que asesoran aos agricultores e gandeiros para obter un óptimo rendemento ao produto.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta