PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Baixada nos becerros de recría frisóns en Amio

Vista das naves de gando do Mercado de Amio.

No Mercado de gando de Amio, este mércores houbo unha baixada de 5 euros dos prezos dos becerros de recría de raza frisoa, segundo se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou manter sen cambios os prezos de todas as categorías e calidades desta carne.

En canto á asistencia de gando, houbo 2.084 reses, 869 máis que a pasada semana. Por categorías contabilizáronse 1.749 cabezas de vacún menor (770 máis), 165 de vacún mediano (37 máis) e 170 de vacún maior (64 máis).

PUBLICIDADE

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (14-XII-2022).

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *