A xornada de portas abertas organizada por Procross na gandería Villameitide SL serviu para que outras explotacións coñezan de primeira man a experiencia desta gandería de Trabada co sistema de cruzamentos que está a aplicar desde hai 7 anos e que lle permitiu mellorar os índices reprodutivos e de saúde sen perder produción e incrementando os niveis de sólidos

Pepe Barcia, un dos dous socios de Villameitide, explica o funcionamento da granxa a outros gandeiros
Gandeiros de distintas partes de Galicia e Asturias coñeceron este mércores os resultados que a gandería Villameitide SL, de Trabada (Lugo), está a obter co sistema Procross de cruzamentos que está a levar a cabo desde o ano 2016.
Os asistentes puideron analizar os datos da granxa, asistir ao turno de muxido que se fai a mediodía (moxen tres veces ao día) e falar con Pepe Barcia e Álvaro Vázquez, os dous socios desta gandería para coñecer de primeira man a súa experiencia cos cruzamentos.
Comezaron por poñer touros montbeliard nas vacas e viking red nas xovencas
PUBLICIDADE
Villameitide SL decidiu comezar a cruzar o seu rabaño holstein hai 7 anos debido aos problemas reprodutivos e sanitarios que arrastraban. Comezaron por poñer touros montbeliard nas vacas e viking red nas xovencas e os resultados do vigor híbrido non tardaron en aparecer.
As vacas nesta explotación duran hoxe un parto máis, dous de cada tres animais quedan preñados na primeira inseminación e producen máis graxa e proteína sen baixar aos litros de leite.




Contacto para Procross en Galicia:
Global Genetics
galicia@globalgenetics.es
619760916
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta