Esta explotación portuguesa moxe hoxe 700 vacas e busca chegar nos vindeiros anos aos 1.000 animais en produción. É socia de Lacticoop, unha das tres entidades que compoñen Lactogal, e recibe o apoio da cooperativa para o seu crecemento
SAT A Campa apostou por robotizar o muxido e a alimentación a medida que ía gañando volume para reducir as necesidades de man de obra e substituíu as vacas holstein por animais cruzados buscando facilidade de manexo
Gallardo SC é unha gandería que non parou de medrar desde o ano 2003, cando Jose Rodríguez colleu a explotación dos seus pais con 19 vacas. Hoxe contan cunhas modernas instalacións con dous robots de muxido
A procura dun maior rendemento queixeiro impulsou a diversificación xenética na cabana láctea italiana. Entrevistamos a Martino Cassandro, director xeral da Associazione Nazionale Allevatori della Razza Frisona, Bruna e Jersey Italiana (ANAFIBJ), a terceira asociación holstein máis importante do mundo
Hai 10 anos era unha das explotacións con máis produción de Galicia, pero as vacas durábanlle pouco e a taxa de reposición era “insoportable”. Por iso, no 2017, Ramón Lamas decidiu pasarse ao sistema Procross, mellorando en aspectos como saúde, reprodución e lonxevidade dos animais, pero, sobre todo, en tranquilidade
Medio cento de produtores de Cataluña, Cantabria, Asturias e Castela e León desprázanse a catro granxas das provincias da Coruña e Lugo que implantaron o sistema Procross para coñecer os seus resultados en canto á mellora de fertilidade, saúde e lonxevidade do gando e ao aumento de graxa e proteína logrados no leite
As persoas que o desexen poderán coñecer de primeira man a experiencia de catro explotacións leiteiras que están a seguir o sistema de cruzamentos con montbeliarde e roja sueca, logrando melloras na saúde do gando, fertilidade, lonxevidade e calidade do leite sen perder produción
No departamento de Doubs, na zona norleste de Francia, atópase esta explotación que naceu no ano 2010 da unión de tres granxas do pobo. Contan con vacas de raza montbeliard pura e cruzadas que producen máis de 60 litros de leite e traballan 477 hectáreas para alimentar o gando e o dixestor
Creada en 1998, esta explotación con máis de 3.000 cabezas situada en Iowa optou en 2018 por vender as súas xovencas holstein e introducir gando Procross nos seus establos. “Unha taxa de reposición por enriba do 40% como a que tiñamos nós é insostible”, aseguran
A xornada de portas abertas organizada por Procross na gandería Villameitide SL serviu para que outras explotacións coñezan de primeira man a experiencia desta gandería de Trabada co sistema de cruzamentos que está a aplicar desde hai 7 anos e que lle permitiu mellorar os índices reprodutivos e de saúde sen perder produción e incrementando os niveis de sólidos
Está organizada por Global Genetics Galicia e permitirá comprobar os cambios producidos nesta explotación desde que hai seis anos se pasaron ao método Procross de cruzamentos
Hai seis anos que Pepe Barcia e Álvaro Vázquez comezaron co sistema Procross. Tiñan dificultades para que as vacas empreñaran e un número importante de desprazamentos de abomaso. Inseminando con montbeliard e con rojo sueco eses problemas desapareceron
Gandería Valcárcel Láncara SL leva máis de 10 anos apostando polo sistema de cruzamentos de frisona, montbeliard e roja sueca. Diego Fernández cóntanos as vantaxes que lle aporta
Fai catro meses que Berta e José Luis cambiaron ás súas vacas para unha nova nave dotada cun Astronaut A5 de Lely. Viñan dun establo antigo cos animais atados e o cambio foi “espectacular” en produción e calidade de vida
A investigación levada a cabo durante 10 anos pola Universidade de Minnesota, que acaba de ser publicada no Journal of Dairy Science, cuantifica en 0,28 euros por día de vida (0,55 tendo en conta a conversión de materia seca) o beneficio a maiores do gando cruzado polo método Procross con respecto a un rabaño holstein puro
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.