PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Baixada dos prezos da recría de cruces industriais no Mercado de Amio

Recría no Mercado de Gando de Amio. // Foto de arquivo.

A sondaxe realizada este mércores entre os usuarios do Mercado de Gando de Amio (Santiago) amosa que houbo unha baixada de 5 euros dos prezos da recría de cruces industriais de cor. Mentres, apréciase unha tendencia á alza nos prezos do vacún mediano de matadoiro.

Pola súa banda, esta semana na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordaron manter os prezos para tódalas clases e categorías desta carne.

Nesta feira contabilizáronse 1.713 reses, o que supón 75 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.420 cabezas de vacún menor (59 máis que na sesión anterior), 127de vacún mediano (8 menos) e 166 exemplares de vacún grande (24 reses máis).

PUBLICIDADE

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (25-V-2022).

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *