
A Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, presentará este venres a partir das 12.30 horas a actualización da Axenda de Impulso da Industria Forestal – Madeira. Os traballos de revisión da Axenda, que se acometeron nos últimos meses en colaboración coa Universidade de Vigo, están xa a piques de finalizarse. Como paso previo á edición da Axenda, este venres presentaranse os resultados.
Desde XERA e desde a Universidade de Vigo agradecen a participación das empresas, entidades e profesionais que colaboraron coa revisión da Axenda de Impulso da Industria Forestal – Madeira.
A presentación do venres poderase seguir online, pero será precisa a inscripción previa a través deste formulario. A data límite de inscripción é o mércores 2 de febreiro.
Programa
12:30 – 13:20 h. – Presentación da actualización da Axenda de Impulso da Industria Forestal-Madeira
13.20 – 13:30 h. – Clausura
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta