PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Resoltas as axudas para enerxías renovables en granxas

A Xunta de Galicia publica a resolución de axudas para proxectos térmicos, de produción eléctrica e de eficiencia enerxética no agro

Placas solares cunha potencia de 10kw na gandería Casanova (Baleira)
Publicadas as axudas concedidas a proxectos de enerxías renovables en granxas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas concedidas correspondente á convocatoria para proxectos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética, en empresas de produción agrícola primaria.

Concedéronse un total de 420 axudas. As axudas concedidas repártense en tres liñas diferentes: proxectos de enerxías renovables térmicas, eléctricas e os de aforro e eficiencia enerxética. A dotación total conxunta suma máis de 3,7 millóns de euros, sendo as iniciativas eléctricas as que reciben a maior cantidade de diñeiro, a cal supera os 3,2 millóns de euros.

As cantidades por subvención concedida, no caso das renovables térmicas varía entre os 4.200€ e os 52.500€; nas eléctricas oscila entre un mínimo de 1.235€ a un máximo de 100.000€, e nas iniciativas pola eficiencia enerxética e o aforro van desde os 2.500€ ata os 27.700€.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *