É urxente investir en enerxía fotovoltaica nunha explotación gandeira?
Non hai nada máis eficiente que crearmos a nosa propia enerxía
Non hai nada máis eficiente que crearmos a nosa propia enerxía
Esta explotación do concello de Mazaricos, que construíu un novo establo hai 4 anos, aposta polas enerxías renovables e a eficiencia no uso do xurro como estratexias para cumprir coas novas normas europeas e tamén como un xeito de optimizar a súa rendibilidade
A instalación de paneis fotovoltaicos combinados con sistemas de baterías que almacenan a enerxía producida permite a autosuficiencia enerxética en granxas de polos, porcos ou vacas leiteiras, co conseguinte aforro económico
Servirá de apoio ás comunidades enerxéticas da provincia
Transformaciones Galicia é unha das poucas empresas que se especializou na comercialización de serrín, viruta e estelas procedentes de restos forestais. O mercado, que no resto de países europeos leva anos consolidado, está a medrar en España
Coñecemos da man de Ecogal Renovables, a empresa líder en instalacións fotovoltaicas en explotacións gandeiras en Galicia, as vantaxes de apostar polas enerxías renovables nas granxas. As liñas de subvencións, que poden chegar ao 50%, permanecen abertas até o 31 de decembro
A iniciativa, na que participan unha trintena de empresas asentadas en Galicia, ten previsto investir 100 millóns de euros ata o ano 2027. Ence, Finsa, Gadisa, Aceites Abril e Megaro Foods son os principais accionistas do ámbito alimentario e forestal
A instalación foi executada pola empresa enerxética galega Norvento, especializada en enerxías renovables. Cubrirá o 80% do consumo eléctrico do matadoiro e o 100% da súa demanda térmica
Consistirán en tres obradoiros que terán lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos entre os días 5, 8 e 9 de setembro cunha duración de 4 horas cada un
Ventonoso calcula que arredor da metade dos parques anunciados non se chegarán a facer. A asociación explica que o ‘boom’ de proxectos presentados no último ano veu motivado pola inminente caducidade dos puntos de conexión na rede eléctrica
A Xunta de Galicia publica a resolución de axudas para proxectos térmicos, de produción eléctrica e de eficiencia enerxética no agro
Expertos abordan na xornada organizada polo Museo de Muvicla as distintas propostas que poden servir de substituto para o petróleo na agricultura e gandería. Combustibles verdes, xa implantados en países coma Francia, amósanse como opcións a ter en conta
Os irmáns José Manuel e Marcos Feás están á fronte desta gandería familiar, situada no concello de Taboada, que robotizou o muxido e a alimentación do gando. Instalaron placas solares e un aeroxerador para que a factura eléctrica non se lles disparara
Esta convocatoria por parte da Xunta está dirixida a particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas con varias liñas de subvención destinadas a placas fotovoltaicas, aeroxeradores e baterías, así como a sistemas de aerotermia, xeotermia, biomasa e enerxía solar térmica
O Inega vén de publicar a convocatoria de importantes liñas de subvención destinadas á produción de enerxía mediante paneis fotovoltaicos e aeroxeradores, así como á súa almacenaxe en baterías, uns incentivos aos que se poden acoller todo tipo de empresas, entre outras as ganderías e as industrias agroalimentarias