PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Oferta de posto de traballo en gandería ovina en Ribadeo

Finca O Costal, que conta con 24 hectáreas de superficie e 150 cabezas adicadas á produción de carne, precisa incorporar persoal para o coidado do gando e as tarefas de mantemento da finca

1
Finca O Costal conta cun rabaño de 150 ovellas e xestiona 23 hectáreas de terreo

Finca O Costal conta cun rabaño de 150 ovellas e xestiona 24 hectáreas de terreo

Finca O Costal, unha explotación de gando ovino adicada á produción cárnica e ubicada en Ribadeo, precisa incorporar persoal para as tarefas da granxa.

Os traballos a levar a cabo consisten no coidado do gando e o mantemento da finca. O horario laboral é de 8 horas diarias en xornada partida e cunha fin de semana ao mes de garda non presencial. 

A explotación conta con outros dous empregados máis e xestiona 150 cabezas e 24 hectáreas de superficie, das que 10 están plantadas con árbores autóctonas. 

PUBLICIDADE

Recuperación paisaxística en Rede Natura

O Costal é un proxecto de recuperación paisaxística e produtiva iniciado no ano 2014 a carón da ría de Ribadeo por un empresario privado e que mantén acordos de colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias para a realización de prácticas por parte dos alumnos deste centro, dependente da Xunta.

Desde a posta do proxecto no 2014 foi substituída a vexetación existente, sobre todo eucaliptos, por árbores autóctonas, coa plantación de máis de 5.000 pés, recuperando hábitats para aves neste entorno declarado zona ZEPA e Rede Natura 2000.

No relativo á produción gandeira, a explotación forma parte de Ovica (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia).

PUBLICIDADE

As persoas interesadas no posto de traballo ofertado poden poñerse en contacto con Jose Antonio no teléfono 660 252 841.

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

2 respostas a “Oferta de posto de traballo en gandería ovina en Ribadeo”

  1. Luis Miguel di:

    Necesito que, tengo experiencia de ganaderiay de trabajar con animales ,peón de la construcción, panadería, hostelería etc

  2. Jesus Angel di:

    me interesa el trabajo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *