Uns 130 tractores colocáronse durante a noite nos accesos a centros das dúas cadeas francesas en Compostela. Outras 20 máquinas situáronse tras a Xunta
Tal e como se decidiu na asemblea da tractorada de Compostela, os gandeiros bloquearon un centro loxístico de Dia e un hipermercado Carrefour durante a madrugada do luns ó martes. Máis dun cento de tractores situáronse no acceso ó centro loxístico de Dia no polígono do Tambre, que tamén é o acceso a Merca Galicia. Outros 30 bloquearon a primeira hora da madrugada os accesos ós aparcamentos do Carrefour e do centro comercial As Cancelas.
[Best_Wordpress_Gallery id=”56″ gal_title=”Tractorada Santiago TRES”]
A intención en ambos centros é impedir a entrada e saída de veículos, tanto de mercancías como, no caso do hipermercado, de clientes. A acción dos produtores débese ás reticencias das cadeas en asinar un acordo a tres bandas gandeiros – industria – distribución que permita a recuperación do prezo en orixe do leite.
A parte do bloqueo ás cadeas francesas, os gandeiros tamén colocaron unha vintena de tractores tras a Xunta, que queren rodear con máquinas na mañá de hoxe.
O resto dos tractores pasou a noite nas rúas de Compostela, entre a carballeira de San Lourenzo e a avenida de Lugo (ocupando, entre outras rúas, Mestre Mateo, Romero Donallo e Hórreo), así como na explanada de Salgueiriños.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta