PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Aprazadas as xornadas de silvopastoreo desta fin de semana nos Ancares por un caso de covid-19

A Deputación de Lugo e as asociacións convocantes decidiron adiar a celebración do encontro que ía ter lugar en Navia de Suarna "por prudencia" mentres non se fan as probas aos contactos directos da persoa contaxiada. Nos vindeiros días anunciarase a nova data

Presentación das xornadas na Deputación de Lugo, coa presenza de Joán Alibés, Montserrat Valcárcel, Mónica Freire e Oliver Laxe

Presentación do programa das xornadas a semana pasada na Deputación de Lugo

A área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo anuncia o aprazamento das Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural O que non arde, que se ían celebrar esta fin de semana nos Ancares, en concreto, na Casa Quindós de Vilela, en Navia de Suarna, do 25 ao 27 de xuño.

Estas xornadas contaban cun amplo programa de ponencias e actividades complementarias encamiñado a debullar distintas experiencias en materia de desenvolvemento rural levadas a cabo tanto en Galicia como en Asturias, e incluía tamén a reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, centrada nesta ocasión no aproveitamento do monte con gando cabrún.  

A entidade provincial adoptou esta decisión, consensuada coa Asociación Ser e a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, de forma preventiva, tras detectarse un caso positivo por covid-19 entre os membros da organización e á espera de que se comuniquen os resultados das probas realizadas aos contactos directos.

PUBLICIDADE

Tanto o aprazamento como a nova data comunicarase de forma individual a todas as persoas que xa realizaran a súa preinscrición. 

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *