A Consellería do Medio Rural aborda este ano a segunda fase da iniciativa, coa que quere implantar arredor de 750 hectáreas de pastizais. O obxectivo é apoiar á gandería extensiva e crear áreas forestais sen biomasa que contribúan a frear posibles incendios
A Deputación de Lugo e as asociacións convocantes decidiron adiar a celebración do encontro que ía ter lugar en Navia de Suarna "por prudencia" mentres non se fan as probas aos contactos directos da persoa contaxiada. Nos vindeiros días anunciarase a nova data
Están organizadas pola Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación Ser e a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e terán lugar na Casa Quindós, o centro de desenvolvemento rural promovido polo cineasta Oliver Laxe en Vilela
A CMVMC de Santa Mariña de O Viso, no Incio, ardía "un ano si e outro ano tamén" ata que, fartos desta situación, no 2010 un grupo de comuneiros decidiron introducir gando para manter o mato a raia. Desde entón non volveu haber incendios e a actividade serve de complemento a dúas ganderías de vacún de carne da parroquia
Medio Rural considera posible tanto actuar en superficies desarboradas como crear áreas de pasto baixo arborado que contribúan a reducir o mato
Estes proxectos buscan o aproveitamento de terras agrarias en desuso arredor de núcleos de poboación, como estratexia de prevención de lumes. A Consellería crea unha comisión técnica de silvopastoreo para incentivar o uso de gando no monte na xestión da biomasa
Desde o concello lucense de Triacastela, Jordi Ánguez foi pioneiro na comercialización sen intermediarios desta raza autóctona, que hoxe envía a toda España e a clientes en Francia, Inglaterra ou Italia. Foi un dos gandeiros máis prexudicados pola eliminación do pasto arbustivo en 2015 e reclama que os dereitos deben ir vinculados "a manter a produción"
Aos seus 35 anos e canso doutras actividades, Nando López está a montar unha explotación de gando porcino autóctono que alimenta de xeito natural con cereais, herba fresca e produtos de tempada como mazás ou castañas. Asegura que lle ve futuro e logrou implicar aos veciños
Analizamos cuestións prácticas que as explotacións teñen que ter en conta na solicitude das axudas da Política Agraria Común, pois hai cambios significativos en relación á pasada campaña
Entrevistamos a Rosa Mosquera, profesora da Universidade de Santiago especialista en sistemas agroforestais, para abordar o problema dos lumes e o papel que podería xogar o gando extensivo na súa prevención