PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Unións pide que as subas anunciadas por Ternera Gallega cheguen ás granxas

Reclama que se cumpran os acordos da Mesa da Carne e se garanta a trazabilidade dos prezos

Xatos marcados de Ternera Gallega no cebadeiro Melenas SC en Mazaricos

Unións Agrarias (UUAA) vixiará de preto o cumprimento integro dos acordos acadados nas Mesas da Carne para que as subas nas cotizacións anunciadas desde a IXP Ternera Gallega cheguen ás rendas dos gandeiros. Este compromiso foi clave para pechar a campaña de mobilizacións realizadas pola organización agraria hai semanas en distintas localidades de Galicia.

UUAA pide que os prezos volvan aos valores anteriores aos efectos da Covid-19 nos mercados gandeiros. Así, para becerros de Ternera Gallega Suprema de ata 225 quilos o prezo de quilo en canal debe acadar os 4,75 euros.

Observatorio de prezos

A organización agraria advirte, unha vez mais, que as cotizacións ademais de facerse públicas, deben de verse reflectidas no contrato, para ser cumpridas efectivamente. Neste sentido, lémbralle á Consellería do Medio Rural a necesidade de poñer en marcha o Observatorio de prezos para poder estabilizar os mercados dado que neste momento, e pesar das recuperacións logradas, non se cubren os custos de produción.

PUBLICIDADE

“Actualmente non existe ningunha razón de consumo, dada a case total reapertura da hostalería, para seguir pagando prezos de miseria polos becerros como ata o de agora se viña producindo”, reivindican dende Unións. 

-Prezos acordados esta semana no Mercado de Amio para Ternera Gallega.

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *