PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

55 euros por vaca e 10 por tenreiro: Esta é a proposta de axudas do Ministerio para o vacún de carne

As gandarías de vacún de carne serían as máis beneficiadas na repartición dos 194 millóns de euros que Goberno Central e Comunidades Autónomas teñen pendente de distribuír entre os sectores agrogandeiros máis afectados pola guerra en Ucraína.

A semana pasada comezaron as negociacións para definir a que ámbitos produtivos se destinarán eses fondos, dos que 129 millóns de euros son achegas do Estado e o resto das comunidades autónomas. Como prioritarios defínense os máis dependentes dos pensos, da electricidade e dos fertilizantes e gasóleo, que acumulan fortes subidas desde o pasado ano e que a guerra de Ucraína veu a agravar.

Neste sentido, e segundo a información filtrada a Agropopular, a proposta de repartición que presenta o Ministerio de Agricultura sería a siguente:

PUBLICIDADE

Gandaría de carne: 150 millóns de euros

Vaca nutriz: 97,7 millóns de euros. Concederíanse 55 euros por vaca até un máximo de 125 vacas por explotación (cun límite de 6.875 euros por explotación).

Vacún de cebo: 12,3 millóns de euros. Axuda de 10 euros por animal para un máximo de 520 animais por explotación (límite de 5.200 euros por explotación).

Ovino e caprino de carne: 30 millóns de euros. Axuda de 4 euros por ovella ou cabra, até un máximo de 800 cabezas por explotación (límite de 3.200 euros por explotación).

Avicultura de carne: 10 millóns de euros. A contía unitaria estaría diferenciada en función da capacidade da explotación. Manéxase un límite de 5.000 euros por explotación para as que teñan un máximo de 100.000 pitos.

PUBLICIDADE

Estaría en debate a inclusión tamén dentro das axudas das granxas de coellos.

Sectores de mazá e cítricos: 43,5 millóns de euros

Cítricos: 39,5 millóns de euros. Concederíanse 220 euros por hectárea para as 10 primeiras hectáreas; para o resto a axuda sería de 170 euros por hectárea. Estableceríase un límite por explotación de 5.600 euros.

Mazás: 3,8 millóns de euros. Axuda de 220 euros por hectárea para as 10 primeiras hectáreas e de 170 euros para o resto, cun límite por explotación de 5.600 euros.

PUBLICIDADE

A distribución que finalmente se acorde deberá publicarse no BOE en forma de Real Decreto. En todo caso, as solicitudes deberán presentarse ante a consellería de Medio Rural, Agricultura e Gandaría das comunidades autónomas e as axudas abonaranse antes do 30 de setembro deste ano.

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *