PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

24 expositores participarán na Feira do Mel de Lugo, que promociona o produto en pleno San Froilán

Presentación da feira. Foto: Cedida

Presentación da feira. Foto: Cedida

A Praza da Soidade, en Lugo, acollerá durante a fin de semana a XXXI Feira do Mel, un escaparate para produtoras e produtoras de mel das comarcas de Lugo no marco do San Froilán.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza Cristina López e representantes da Asociación Provincial Lucense de Apicultores presentaron esta mañá a feira, que contará con 24 expositores representativos do mellor mel das comarcas de Lugo e cunha axenda de actividades pensadas para promocionar as calidades do produto e dinamizar as vendas como unha cata de mel e obradoiros de globoflexia e velas.

O vicepresidente da Deputacion Efrén Castro destacou “que o San Froilán supón unha oportunidade para que as produtoras e produtores cheguen a un público moi numeroso, pola cantidade de xente que ven a gozar das festas” e encadrou á colaboración “no apoio que, especialmente desde a área de Rural, se presta a outras feiras de mel pola xeografía da provincia, ofrecendo ás pequenas producións canais de venda directa e espazos nos que promocionar os seus produtos”.

PUBLICIDADE

A concelleira de Participación Cristina López explicou que “a feira estará aberta desde ás 10 da mañá ás 9 de noite” e animou “a achegarse á feira para coñecer a variedade de mel que se produce na provincia e a participar nas actividades que se organizarán arredor dos postos”

Programa:

Sábado, 5 de outubro
Ás 12.30 horas. Cata de mel.
De 17.30 a 19:30 horas. Obradoiro de globoflexia

Domingo, 6 de outubro
De 12.00 a 14.00 horas. Obradoiro de velas

A feira do mel complementarse coa exposición “A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX: velas, velóns e exvotos”, que se poderá ver no Museo Provincial de Lugo do 30 de outubro ao 24 de novembro.

PUBLICIDADE

cartaz FEIRA DO MEL SAN FROILAN 2024

Ver todas as noticias de apicultura

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *