PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

19 días para desfrutar da Carne de Boi de Allariz

Allariz acolle dende onte, 24 de setembro, e ata o 12 de outubro unha nova edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Este ano cumprirán o seu 10º ano de celebración con 23 establecementos locais participantes neste 2021. Neste ano destinaranse para as xornadas, 6 bois de raza limiá , ao redor de 2200kg de carne.

A hostalería alaricana ofertará tapas e menús cuxo ingrediente principal é a exquisita carne de boi de Allariz. Pinchos preparados de diferentes e saborosos estilos, menús e pratos para todos os petos será o que as persoas se atopen nas 10ª Xornadas de Carne de Boi de Allariz

Volta o concurso de tapas, no que 18 tapas competirán por ser a elixida dos comensais como a Mellor Tapa desta edición. Poderán degustarse tapas xa tan tradicionais como os callos de Boi ou a empanadilla de Carne de Boi, como tapas novas. O prezo da tapa será de 2€ e na modalidade de menús haberá para todos os petos, para que todas as persoas que se acheguen podan degustar este prato en Allariz.

PUBLICIDADE

“Papando no Boi”

Este ano outra das novidades é un premio local para premiar a gran participación e fidelidade de todas as veciñas e veciños que ano tras ano participan nestas xornadas. “Papando no Boi” será a recompensa que recibirá a primeira persoa, con tarxeta cidadá, que consuma as 18 tapas que participan no concurso de 2021, cun premio directo de 100€ para gastar no comercio local. Ademais como en edicións anteriores, haberá un premio de 250€ entre todas as cartillas que acumulen todas as tapas participantes, e unha cea para dúas persoas para aquelas cartillas que degusten 9 tapas.

O sorteo realizarase o sábado 23 de outubro no Mercado da Reserva da Biosfera ás 12:00h, no que se darán a coñecer os gañadores ou gañadoras dos premios así como a tapa máis votada nesta edición. Para máis información pódese consultar a páxina allariz.gal/carnedeboi na que se atopan as bases do concurso de tapas.

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz fixo fincapé na importancia que ten o proxecto de Carne de Boi de Allariz para a economía local, así como o aproveitamento dos recursos do territorio.

As Xornadas de Carne de Boi son un gran aliciente para a poboación local, xa que dinamizan durante tres semanas o comercio e a hostalería. Segundo María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo “a veciñanza alaricana é unha gran embaixadora da Carne de Boi de Allariz”.

PUBLICIDADE

Aproveitando as Xornadas e as sinerxías que xorden no Mercado da Reserva, o sábado 25 de setembro e o sábado 2 de outubro haberá, en formato reducido, a oportunidade de degustar Carne de Boi de Allariz de 12:30h ás 13:30h.

Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *