Tralo peche temporal de Finsa, que se prolongará ata o 30 de abril, parte dos aserradoiros e rematantes están reducindo a actividade ou iniciando peches temporais. A excepción é a corta de eucalipto para pasta de papel, que mantén o ritmo habitual
A anulación de celebracións e o peche da hostalería comeza a provocar as primeiras cancelacións de pedidos de carne de año e cabrito para estas datas. Agardan que a situación se recupere e salvar a campaña de verán, tempada de maiores ventas
Cooperativas, fábricas e produtores incrementan as medidas preventivas para minimizar os riscos de contaxio do Covid19 ó tempo que manteñen a actividade básica. Realizan axustes de quendas de traballo, reducións de servizos e empregan proteccións e distancias de seguridade para frear a expansión
Gumersindo Feijoo, experto no desenvolvemento de estudos sobre a sostibilidade, apunta algunhas das claves das estratexias que se desenvolverán nos próximos meses dentro das políticas europeas para reducir emisións, que afectarán á produción agrogandeira
Iria Otero elabora viños de autora de distintas zonas de Galicia respectando os tempos, variedades e os materiais empregados antano, como o formigón ou o castiñeiro. O resultado son viños moi apreciados tanto fóra das nosas fronteiras como na restauración
Alexander Manrique, Manager internacional de Fleckvieh Austria e director de vendas de geneticAUSTRIA GmbH para España, Portugal e Latinoamérica, debulla as particularidades da raza de vacas Fleckvieh en aspectos como a súa produtividade ou rendementos
A negociación dos acordos anuais entre granxas e industrias, que se ten que abordar este outono, permitirá comprobar se se implanta unha cultura do diálogo no sector
As dificultades meteorolóxicas dos últimos anos preocupan ós apicultores Xurxo Domínguez e David Sousa, que participan no proxecto Apicambio para analizar medidas de adaptación do sector ó cambio climático
Galicia conta con 10 Sociedades de Fomento Forestal que agrupan 447 socios e 1.389 hectáreas de xestión. Outras 12 sociedades, cun total de 2.915 hectáreas, están en proceso de inscripción
Os viticultores galegos comezan a introducirse na produción de viños rosados, unha opción que implica procesos de elaboración esixentes pero para a que as variedades galegas teñen un gran potencial. Aportamos algunhas das claves destes viños
Os ataques dos xabaríns, o verme do arame ou a climatoloxía poden provocar problemas de xerminación do millo. ¿Cando deberiamos resementar? Albert Porte Laborde, experto internacional neste cultivo, explicouno nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis
Unha comitiva procedente da aldea lusa, famosa polos seus socalcos, visita na comunidade iniciativas gandeiras, forestais e turísticas co obxectivo de incorporar ideas ós seus proxectos
Este colectivo de Agolada pretende celebrar unha cita anual na que dar a coñecer oportunidades na agricultura, gandería, silvicultura ou os cultivos alternativos. Planean organizar unha mostra de produtos do agro que se combinará con visitas para coñecer iniciativas desenvolvidas no campo
Unha granxa estabulada de Monterroso, Casa Grande de Fente, e outra en pastoreo de Rodeiro, Casa Lameiro, destacan polos aumentos de calidades nos últimos anos, un logro que se debe en boa medida ó uso do penso complementario Complet G-P
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.