O xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Ordes, Domingo Lojo, explica como abordarán a estratexia deste novo período, e fai un balance da orientación das axudas Leader dos anos anteriores. Dinamizar o territorio, crear emprego e dotar de servizos á poboación estaban entre as súas prioridades
O fomento da remuda xeracional de agricultores e gandeiros é un dos alicerces da nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2023-2027. Falamos con representantes do sector primario de Galicia e Portugal que inciden na importancia da formación para que a xente nova se incorpore con éxito á actividade agraria
As dúas familias que viven de xeito permanente no pobo queren manter limpas as fincas que rodean as casas cun rabaño de ovellas e cabras para así protexerse dos lumes coma o que este verán obrigou a desaloxalos
Cada 13 de outubro conmemórase a patente de Haber-Bosch que deu orixe en 1913 á produción industrial de fertilizantes amoniacais a partir do nitróxeno presente no aire. Dos abonos químicos depende o 50% da alimentación mundial
O historiador Sergio Pereira e o arquitecto Daniel Vázquez poñen o foco nas infraestruturas e no uso e control que durante anos se fixo da auga de regadío. Coñecemos máis desta iniciativa
Medio Rural emitiu este ano máis de 1.400 denuncias por incumprimentos das distancias de prevención de lumes, por plantacións ilegais e por cambios sen autorizar sobre o uso de superficies. Os ecoloxistas, pola súa banda, pídenlle á Fiscalía que actúe contra a Xunta por “desleixo” no dispositivo de prevención e extinción
Ventonoso calcula que arredor da metade dos parques anunciados non se chegarán a facer. A asociación explica que o ‘boom’ de proxectos presentados no último ano veu motivado pola inminente caducidade dos puntos de conexión na rede eléctrica
Estas titulacións universitarias percibiron un leve descenso en certas escolas de Galicia. En paralelo, existe un mercado laboral que demanda cada vez máis profesionais destas ramas, e unha sociedade que precisa da súa participación na xestión do territorio e do medio ambiente
A UE busca autoabastecerse de proteína vexetal coa que alimentar o gando, unha estratexia para lograr unha produción de carne e leite máis sostible e menos dependente de materias primas procedentes de terceiros países. As axudas da Política Agraria Común a cultivos proteicos perseguen afondar nese camiño
A busca dunha agricultura con menos uso de fertilizantes e pesticidas e que fomente a biodiversidade é o camiño que pretende impulsar a Comisión Europea coa implementación dunha PAC ambiental, na que os pagos irán vinculados a prácticas responsables tanto de obrigado cumprimento como de carácter voluntario
A nova Política Agraria Común, que se prepara para 2023-27, inclúe entre as súas prioridades fomentar, visibilizar e apoiar a presenza da muller no campo. Nos últimos anos xa comezou a reducirse esta diferenza entre xénero, pero seguen percibindo menos axudas
Rexistráronse 564 casos, dos que un 60% se detectaron en controis sobre o terreo, outro 20% en controis de admisibilidade e outro 20% noutro tipo de inspeccións
Ana García Ráncez, da Universidade Miguel Hernández, defende a reintegración á terra dos biorresiduos para reducir emisións. A investigadora foi unha das participantes nas Xornadas Revitaliza, organizadas pola Deputación de Pontevedra, nas que se anunciou que o organismo provincial habilitará unha liña de axudas para cooperativas e empresas agrarias que colaboren na compostaxe de biorresiduos urbanos para o seu uso no agro
A Política Agraria Común (PAC) duplicou os apoios para incorporación de persoas mozas ao campo no seu último período (2014-2020), unha liña que se redobra no novo período, ata o 2027
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.