Desmontamos o mito que liga á gandería co cambio climático e explicamos a liña de traballo do agro no coidado do medioambiente. Vídeo elaborado no marco do proxecto FunCAP, de difusión da Política Agrícola Común
A busca dunha agricultura con menos uso de fertilizantes e pesticidas e que fomente a biodiversidade é o camiño que pretende impulsar a Comisión Europea coa implementación dunha PAC ambiental, na que os pagos irán vinculados a prácticas responsables tanto de obrigado cumprimento como de carácter voluntario
A nova Política Agraria Común, que se prepara para 2023-27, inclúe entre as súas prioridades fomentar, visibilizar e apoiar a presenza da muller no campo. Nos últimos anos xa comezou a reducirse esta diferenza entre xénero, pero seguen percibindo menos axudas
A Política Agrícola Común representa arredor dun terzo dos presupostos da Comisión Europea, un esforzo orientado a garantir ingresos xustos para agricultores e gandeiros, alimentos de calidade a prezos accesibles para a cidadanía e o desenvolvemento das áreas rurais. Explicamos neste vídeo as claves do porqué a agricultura europea precisa subvencións
O Consello de Ministros actualiza o Real Decreto que permitirá o cobro de 7.425 millóns de euros por parte de agricultores e gandeiros no último ano de transición antes da aplicación do novo Plan Estratéxico Nacional 2023-2027
A Política Agraria Común (PAC) duplicou os apoios para incorporación de persoas mozas ao campo no seu último período (2014-2020), unha liña que se redobra no novo período, ata o 2027
As explotacións deberán deixar sen cultivar polo menos o 4% das súas terras, non poderán destruír elementos da paisaxe nin podar sebes na primavera e a diversificación de cultivos farase obrigatoria
Tras os anticipos pagados en outubro, os ingresos por parte do Fondo Galego de Garantía Agraria elévanse aos 164 millóns de euros para máis de 25.000 produtores galegos
O Ministerio de Agricultura define as prácticas medioambientais voluntarias que incentivará a partir do 2023. Os pagos que se lle ofrecen ós produtores enfócanse en medidas que contribúan a mellorar a biodiversidade e a loitar contra o cambio climático
O Ministerio presenta o documento que fixa os criterios de reparto en España das axudas comunitarias a agricultores e gandeiros ata 2027 e que será remitido a Bruxelas antes do 31 de decembro. Mantense o pago para xubilados e persoas dedicadas a tempo parcial á actividade, establécese un límite máximo de axudas por explotación e concrétanse as rexións agronómicas, as axudas asociadas e os ecoesquemas na liña prevista
As axudas ós agricultores que proporciona a Política Agrícola Común contribúen a asegurar a continuidade de granxas e cultivos na UE. Sen as axudas da PAC, os ingresos agrícolas dun produtor en Europa son só un 46,5% do que sería o salario medio no resto da economía
A Política Agraria Común achégase ó seu 60 cumpreanos cunha historia marcada pola adaptación ás necesidades sociais. Naceu trala Segunda Guerra Mundial, ofrecendo solucións á escasez de alimentos, e hoxe en día ten entre as súas prioridades fundamentais a conservación do medioambiente e a loita contra o cambio climático
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.