As achegas están financiadas con Fondos Next Generation. Adícanse case 7,5 millóns de euros e prevese que se beneficien 250 explotacións. O prazo ábrese este martes e hai 2 meses para presentar as solicitudes
Esta liña está enfocada á reestruturación dos viñedos galegos, e aplicaranse naquelas superficies que leven a cabo unha reimplantación de viñas, unha mellora das técnicas de xestión, ou unha reconversión varietal. O prazo de presentación de solicitudes arranca mañá e prolongarase durante un mes
Poderán presentarse solicitudes ata o 11 de abril. Os beneficiarios recibirán anticipos de ata o 50% da achega. Increméntanse os módulos de investimentos máximos nun 15% debido á suba dos prezos
Estas axudas, por valor de 2 millóns de euros, cubrirán ata o 100% do coste dos avais concedidos por Saeca a explotacións agrarias e empresas de servicios agrarios que subscriban créditos para adquirir maquinaria nova
A orde deste ano inclúe como novidade accións de prevención da enfermidade das bandas en masas de piñeiro, tales como rareos, podas e rozas, para crear descontinuidade horizontal ou vertical e previr así os danos das enfermidades fúnxicas defoliadoras
Poderán solicitar estas achegas de compensación e reposición de animais ata o 30 de novembro os propietarios de explotacións de gando bovino, ovino e cabrún afectadas por un baleirado sanitario ou casos positivos dentro dalgún programa de erradicación de enfermidades
Medio Rural destina 37,5 millóns de euros para estas liñas de axudas. Por primeira vez resérvase un 10% do orzamento para os proxectos incluídos nunha aldea modelo ou polígono agroforestal. Hai un mes de prazo para presentar as solicitudes
Daráselles prioridade ás asociacións e organizacións de produtores na concesión dos apoios. O prazo de solicitudes para subvencións será dun mes contado a partir de mañá, e para préstamos garantidos ata o 30 de marzo
A superficie de monte que conta cunha ferramenta técnica coa que organizar os seus recursos forestais e garantir unha xestión sustentable incrementouse nun 65% desde o 2018, pasando de 233.000 hectáreas a máis de 385.000
A Xunta convoca preto de 8 millóns de euros en axudas para a plantación de frondosas e coníferas nunhas 4.000 hectáreas de montes galegos
O obxectivo destas achegas é fomentar a innovación en áreas como a xestión sustentable dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das novas tecnoloxías ao sector
Estas subvencións están destinadas a fomentar a innovación neste ámbito produtivo mediante o desenvolvemento de proxectos piloto, aplicación de novos produtos, prácticas, procesos, e tecnoloxías xa existentes, onde tradicionalmente non se utilizaban
Medio Rural convoca estas subvencións con dúas liñas, unha para apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas xa existentes e outra para promover novas actividades empresariais en aldeas modelo