Abordamos co experto en viticultura Vicente Sotés o sobreenxerto en viñedo, unha técnica que está a xerar certo interese en territorios como a Ribeira Sacra. Coñecemos as vantaxes e requisitos para lograr un maior éxito con este procedemento
O enxeñeiro agrónomo Joaquín Romero aborda a utilización de produtos bioestimulantes para conseguir un manexo integral do viñedo sen residuos e respostas fronte a patoloxías como o mildio e oídio. Coñecemos máis sobre estas ferramentas para unha viticultura máis sostible
O experto en Política Agraria Común, Alejandro García, apunta algunhas das claves que haberá que ter en conta na nova PAC, cos cambios que se introducen en busca dunha viticultura máis sostible ambientalmente
O proxecto Viniot, no que se inclúe a creación do Viniot HUB, é unha das últimas iniciativas desenvolvidas en Galicia, coa colaboración de adegas, empresas e entidades, que segue a abrir camiño para avanzar na dixitalización dos viñedos. Coñecemos os retos que se presentan
Coñecemos da man de João Rodrigues, veterinario e presidente da Associação Portuguesa de Tracção Animal, distintas experiencias a nivel europeo de recuperación do uso de animais de tiro en traballos en viñedo, horta ou saca de madeira do monte
O CSIC e as Adegas Terras Gauga traballan man a man no desenvolvemento dun prototipo para optimizar a vendima coa incorporación de robots autónomos. Outros proxectos buscan mellorar a recompilación de información sobre viñedos para a toma de decisións en aspectos como o tratamento de pragas
A investigadora Raquel Campos apunta algúns dos avances no desenvolvemento de tratamentos sostibles no viñedo para o control de pragas e enfermidades da vide como a avelaíña do acio ou a botrite
Coñecemos de man da bióloga Sandra Córdoba Lloria a experiencia de Bodegas Enguera no emprego de morcegos para favorecer o control da couza do acio nos seus viñedos. A especialista achega tamén algunhas recomendacións para lograr incrementar a presenza destes depredadores voraces de insectos
Martín Códax é unha das adegas que está a traballar con difusores de feromonas e agora probará a instalar caixas refuxio para morcegos, depredadores naturais do insecto. Nos últimos anos lograron reducir un 10% o uso dos fitosanitarios nos viñedos ó empregar as feromonas
A ecóloga Pilar Andrés detalla os beneficios que proporciona unha xestión rexenerativa do viñedo fronte a unha produción intensiva. Coñecemos as conclusións extraídas dun traballo en campo no que tamén se inclúe un viñedo cunha intervención mínima. A experta analiza as diferenzas entre os tres modelos
A investigadora María Fandiño afonda sobre os beneficios da rega nos viñedos e sobre o aproveitamento da auga que fan as cepas. Con ela coñecemos as vantaxes e inconvenientes que pode supoñer regar as cepas
O investigador do Instituto Agro, Léo García, ofrece algunhas recomendacións no manexo das cubertas vexetais nos viñedos. Con el coñecemos as vantaxes que pode proporcionar esta alternativa ó arado das viñas
O grupo operativo Viticast desenvolveu un modelo de predición para identificar as épocas de maior risco de afeccións como mildio e oídio. Coñecemos máis detalles sobre os seus avances
A descuberta de dous antigos lagares, que poderían datar da época romana, evidencia o pasado viticultor destas terras ourensás. O achado do viticultor Mario Yáñez, mentres realizaba traballos para plantar novos viñedos, atópase en fase de estudo e catalogación
Coñecemos os resultados obtidos polo investigador José Manuel Mirás en distintas experiencias de rega en viñedos de Albariño, Treixadura ou Godello en diferentes zonas de Galicia
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.