A instancias do Sindicato Labrego Galego, a Consellería do Medio Rural admitiu a agroambiental de economía circular, malia que con menor importe do que solicitaban
Os vendedores de produtos envasados non precisarán certificación. Tampouco será necesaria no caso de tendas que comercialicen produtos a granel sempre que as vendas non superen os 5.000 quilos ou os 20.000 euros ao ano
Eva Rodríguez está á fronte desta gandería familiar de Dordaño, en Cesuras, que decidiu cambiar por completo o seu modelo produtivo e busca agora chegar co seu produto ao consumidor
Os concellos promotores traballan na definición do plan de usos das instalacións e aproveitarán un ciclo de demostracións do cociñeiro Antonio Díaz para dar a coñecer o centro e o potencial das conservas locais
Na parroquia de Córneas, en Baleira, as fincas son en pendente e o inverno é duro, pero as vacas de raza vianesa de Amaro López están todo o ano fóra. É un tipo de gando que se adapta perfectamente a estas condicións e a súa crianza en extensivo aporta cualidades á carne que se notan á hora de comercializala
Chelo e Julio decidiron no 2010 valorizar a produción das súas vacas comercializando leite fresco pasteurizado. Agora deron un paso máis na aposta por saltarse os intermediarios e chegar directamente ao consumidor facendo tamén queixos, que maduran grazas a unha veta de auga natural que lles aporta uns matices únicos
O coronavirus achegou nova clientela aos mercados municipais, un público novo preocupado pola saúde e a alimentación de calidade que atopa resposta ás súas demandas na confianza que ofrecen as tendas de proximidade
Xeou é un termo meteorolóxico moi galego e é tamén o nome escollido por esta gandería de Taboada como marca para os seus produtos. Falamos con eles para coñecer como organizan o traballo diario para seren capaces de producir, transformar e comercializar directamente o seu leite en forma de xeados artesáns
Carlos e José Manuel xuntáronse hai ano e medio para daren saída aos seus xatos mediante a venda directa ao consumidor final. Alugaron unha carnicería en Castroverde desde a que fan tamén envíos a domicilio. Contan con produción convencional e ecolóxica e están a criar tamén animais de raza angus buscando diferenciarse no mercado e satisfacer os gustos de todo tipo de clientes
Como bos chourizos caseiros, os que fai Cristina tiñan que levar o nome da casa familiar, ubicada no lugar de Suouteiro, na parroquia de Xiá, pertencente ao concello lucense de Friol. Esta moza decidiu fai 4 anos que a tradición dos seus avós e os seus pais non se perdera coa elaboración artesá e a venda directa como máximas do seu negocio
Felipe Varela segue mantendo a explotación de 30 vacas que tiñan os seus pais no Val do Carrio, en Lalín, onde posúe unha carnicería para vender directamente a carne. O gando, de distintas razas, está en extensivo pero o minifundio da zona dificulta o manexo
Ramón Vázquez e a súa muller Mari Carmen Álvarez son criadores de vacas cachenas, ovellas galegas, galiñas de Mos e porcos celtas, que comercializan directamente na súa carnicería de Monforte. Falamos con eles para coñecer como traballan
Un cento de cabezas de gando manteñen limpo o terreo que rodea a parroquia de Trascastro. Agora están a ampliar a súa superficie con 14 hectáreas no que será unha das primeiras aldeas modelo de Galicia en completarse
En Biduedo, no concello de Triacastela, Carlos e Rocío manteñen en pastoreo 70 vacas vianesas en prados que se atopan a unha altitude de entre 1.100 e 1.300 metros. Apostaron pola calidade e non polos quilos, pero nos matadoiros moitas veces iso non se valora dabondo, así que decidiron vender eles mesmos a súa carne
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.