En Mazcarelle, en Friol, faise un dos pans máis auténticos e de máis sona de Galicia. Concha Pérez foi a iniciadora dunha saga de panadeiros que continúa agora a súa neta Tania, un relevo que garante o mantemento da tradición. Nun pequeno forno pegado á casa familiar o pan de sempre mira ao futuro sen perder a súa esencia
A panadería Modesto é unha das que dá fama ao pan de Antas. Contar con muíño de pedra permítelles controlar a trazabilidade da materia prima. Xunto ao proceso artesán de elaboración e ao forno de leña son os elementos que garanten a calidade dun produto cun sabor que lembra a cando se cocía nas casas
O importante incremento experimentado no último mes na cotización de materias primas como a soia, o millo ou o trigo arrastra aos fabricantes de concentrados e augura subas a curto prazo nos insumos dos que se abastecen as explotacións
A firma ofrece unha ampla gama de produtos para sementeira, coberteira e aplicacións foliares. Os fertilizantes de liberación lenta recomendados garanten entre 2 e 3 meses de lonxevidade no solo, co nitróxeno e o fósforo parcialmente encapsulados
O concello coruñés convértese na capital deste prato tradicional galego cunha fin de semana repleta de música, actividades infantís, obradoiros e postos de venda de artesanía e produtos de alimentación
O grupo panadeiro Da Cunha está a fomentar a rotación do trigo con forraxes altas en proteína, en especial na produción en ecolóxico. A próxima posta en marcha da IXP Pan Galego xera expectativas no campo
O minifundio, o baixo rendemento dalgúns anos por mor da climatoloxía, os danos causados polo xabarín ou os problemas de humidade para o secado e conservación xogan en contra dun cultivo chamado a ter un papel importante nos vindeiros anos como consecuencia da aprobación da nova IXP Pan Galego, que está a animar a novos produtores
A demanda das panaderías que apostan pola diferenciación xera expectativas no campo. Prevese chegar a curto prazo ás 1.000 hectáreas das variedades callobre e caaveiro. Mabegondo ultima o rexistro doutros tres trigos autóctonos (Miño, Riotorto e Arzúa)
A proposta do enxeñeiro agrícola Roberto López sobre alternativas para as persoas con intolerancia ó glute acada o primeiro premio da segunda convocatoria dos premios. Tamén foron premiados un estudo sobre o consumo de pan na poboación sénior e sobre o cultivo do cereal en zonas de sombra
A patronal do sector fai un chamamento coincidindo co Día Mundial do Pan para que se plante trigo e centeo nas "miles" de hectáreas cultivables baleiras que hai neste momento no rural galego. Consideran que é unha medida que contribuiría a “manter e mellorar a calidade do pan artesán galego”, crear riqueza e loitar contra o despoboamento
A recreación deste traballo agrícola, na que colaboran veciños e visitantes, foi a primeira que se comezou a celebrar en Galicia. O programa complétase con música, gastronomía e exposición de maquinaria antiga e artesanía
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.