Entrevista a Manuel Requeijo Arnejo, alcalde de Muras, un concello lucense que nos últimos anos ten posto en marcha iniciativas pioneiras para fomentar o asentamento de poboación. Falamos con el sobre o futuro do rural e sobre as medidas que debería poñer en marcha a administración para frear o despoboamento.
Falamos con Pedro Rodríguez Parente, presidente da Asociación de Gandeiros do Macizo Central (Agromacen), para coñecer como traballan nesta asociación que agrupa a máis de medio milleiro de produtores de toda a provincia de Ourense
A posibilidade de contar con superficie agraria dabonda non só condiciona o medre e viabilidade das explotacións en activo, senón que a capacidade de dispoñer de terra, ben sexa en propiedade ou mediante outras figuras como o alugueiro ou a cesión a longo prazo, son un factor imprescindible que determina a posible instalación de novas iniciativas produtivas no rural
Tralas infraaplicadas leis do 2007 e 2011, a Xunta focalizou no seu novo proxecto normativo de Recuperación e Posta en Valor de Terras Agrarias boa parte desta lexislatura. Mentres se retoma a súa tramitación, o sector reclama a posta en marcha de medidas concretas para facer fronte a algúns dos problemas estruturais do agro galego
O Goberno galego decidira aprazar a aprobación no Consello da Xunta e a súa remisión ao Parlamento por temor a que crease, en pleno ano electoral, rexeitamento social por parte dos propietarios de fincas abandonadas. A disolución da Cámara fará agora que o proxecto normativo teña que agardar á vindeira lexislatura
En Galicia hai unhas 900.000 hectáreas que non teñen uso agrario nin forestal. As fincas sen cultivar supoñen o 30% da superficie total da comunidade. Unha parte importante desas terras que están hoxe abandonadas terían boas aptitudes para o aproveitamento agrogandeiro
Ao tempo que desde o ano 1986 se foron perdendo en Galicia perto de 200.000 hectáreas de superficie agraria, as plantacións de piñeiro e eucalipto pasaron a ocupar 378.718 hectáreas máis de territorio
A perda de superficie agraria nas últimas décadas foi desigual no conxunto de Galicia, manténdose o uso agrogandeiro en zonas de alta concentración de explotacións leiteiras mentres no resto da comunidade a falta de demanda incentivou o abandono. A intensificación da produción levou a que o 40% do leite producido de España se concentre no 8% do territorio galego
Nos últimos 30 anos a nosa comunidade perdeu un 20% da súa superficie agraria útil e ten neste momento preto de 900.000 hectáreas a mato, mentres a falta de terra é un dos maiores problemas para as explotacións que seguen en activo
O ensaísta Jaime Izquierdo Vallina ve na revitalización da aldea unha ferramenta fundamental para afrontar os principais problemas do rural. Coñecemos máis polo miúdo as súas propostas