Brasil é un dos grandes produtores de leite de América Latina e a presenza de cooperativas sólidas está a contribuír ao desenvolvemento e profesionalización das granxas. Entrevistamos a Sebastião S. Vilanova, actual presidente da cooperativa Cooperoeste, xurdida no seo do Movemento dos Traballadores Sen Terra
O grupo operativo Proteinleg analiza a utilización de leguminosas coma os chícharos e as fabas como fonte de proteína vexetal para a fabricación de pensos. Tras as primeiras análises satisfactorias nos próximos meses farán probas para a elaboración de compostos para alimentación de porcos e polos criados en extensivo
Analizamos con asociacións do sector a situación actual dos prezos dos pensos e as materias primas. Cereais como o millo experimentaron nos últimos meses subidas do prezo de máis do 20%. Abordamos as causas e as perspectivas para o primeiro semestre do ano
A UE busca autoabastecerse de proteína vexetal coa que alimentar o gando, unha estratexia para lograr unha produción de carne e leite máis sostible e menos dependente de materias primas procedentes de terceiros países. As axudas da Política Agraria Común a cultivos proteicos perseguen afondar nese camiño
A industria española de pensos advirte de que os requisitos de trazabilidade aumentarán o prezo das importacións de materia prima. Defenden que os seus programas de autocontrol xa garanten que un 77% de "soia sostible", co obxectivo de chegar ó 100% no 2030
Coñecemos de man de expertos e asociacións as perspectivas sobre os prezos do millo, soia e trigo para os próximos meses. As subas poden pór en dificultades ás granxas de leite e carne
A demanda mundial de soia segue aumentando e a Unión Europea pretende limitar a súa utilización por estar relacionada coa deforestación do planeta. O uso de leguminosas e de novos produtos como as algas ábrese paso como alternativa nos concentrados
O importante incremento experimentado no último mes na cotización de materias primas como a soia, o millo ou o trigo arrastra aos fabricantes de concentrados e augura subas a curto prazo nos insumos dos que se abastecen as explotacións
O grupo panadeiro Da Cunha está a fomentar a rotación do trigo con forraxes altas en proteína, en especial na produción en ecolóxico. A próxima posta en marcha da IXP Pan Galego xera expectativas no campo
As vacas de alta produción teñen necesidades de metionina e lisina, que non son capaces de cubrir cos aportes de proteina incluídos na ración. A corrección destes déficits permite aumentar a eficiencia no uso do nitróxeno e, polo tanto, optimizar o custo alimenticio e a rendibilidade das granxas, segundo os profesores Sergio Calsamiglia e Tanya Gressley
Entrevista a Sergio Dettmer, vicepresidente de Xestión de Risco en INTL FCStone, quen a pasada semana ofreceu en España unha conferencia sobre “Perspectivas globais para cereais na campaña 2019-20”. Prevé estabilidade de prezos no trigo e no millo, cada vez máis utilizado en pensos
Unha investigación constata que a torta de colza prensada en frío é unha opción para a alimentación animal na Cornisa Cantábrica. A oleaxinosa mellora ademais o perfil de ácidos graxos do leite