A seca e as altas temperatura reduciron en máis dun terzo a colleita en comarcas como o Deza ou o interior e sur de Lugo. A recollida iniciouse 15 días antes do habitual e prevense problemas de fungos e levaduras nos silos
A seca nos pastos está a impactar nas ganderías de leite e carne do interior galego, que se ven obrigadas a aumentar o consumo de silos e a compra de forraxes como a alfalfa. Repasamos a situación e consellos para paliar a seca nos prados
Os agricultores e gandeiros poderán ter unha redución do 20 % nos módulos do IRPF e acceder a liñas de créditos vantaxosas, entre outras medidas. En materia laboral, concédese un adiamento do pago nas cotas á Seguridade Social e equipárase a contratación como fixo descontinuo e a contratación eventual, aos efectos de acceso e determinación do dereito ao subsidio
Recollemos as principais conclusións do webinar organizado por Campo Galego no que técnicos e investigadores explicaron as súas experiencias no manexo das secas para reducir as perdas neste cultivo forraxeiro
Os Irmandiños, Agropres, Aira ou Cobideza puxeron a andar esta semana as súas colleitadoras e por toda Galicia son moitos os gandeiros que estes días comezan a encher os seus silos para o inverno. A maioría está a comprobar un menor rendemento que o ano pasado en moitas das fincas
Un estudo desenvolvido na Limia (Ourense) amosa algunhas das claves para atallar a seca e as perdas derivadas dela nas plantacións de pataca. A elección das castes pode ser determinante. A investigadora Laura Meno Fariñas ofrece algunhas recomendacións para este cultivo
A entidade agraria incide en que esta modalidade de caza, autorizada este ano por primeira vez en Galicia, pode resultar eficaz para atallar as incursións das mandas ós cultivos. Os ataques da fauna salvaxe súmanse á seca que ameaza a campaña do millo
A ausencia de precipitacións de consideración dende hai 60 días e o feito de que non se prevean nas próximas semanas fai temer importantes perdas na colleita de millo forraxeiro en Galicia. Analizamos a situación nas comarcas máis afectadas
A Fundación Global Nature recolle distintas estratexias de adaptación para mitigar os efectos das variacións climáticas no viñedo en aspectos como o manexo do solo, a auga ou a xestión da planta
Unha investigación do CSIC en Galicia amosa que a escaseza de auga inflúe na resposta dos piñeiros a pragas de insectos como o gurgullo. O achado pode resultar útil para optimizar ferramentas de mellora xenética destas especies
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.