Seis adegas recibiron a visita dos profesionais chegados de Alemaña, Países Baixos e Polonia e outro cinco presentáronse en cata rápida
Boa parte das adegas galegas están esta semana xa en plena vendima. A uva atópase nun excelente estado sanitario e prevese que nalgunhas Denominacións de Orixe haxa unha abundante produción. Coñecemos as previsións de cada zona vitícola
Analizan viños desta Denominación de Orixe para coñecer máis sobre o seu perfil químico e aromático e abrir novas vías de comercialización. Tamén avalían as prácticas que poden deixar residuos neles tanto no viñedo como na adega
Segue a alta demanda das variedades brancas e nas Rías Baixas os prezos sitúanse arredor dos 2,5 euros. As uvas de Albariño e Godello son das mellor pagadas. A baixada dos prezos dos viños tintos españois arrastra ós galegos e as uvas tintas cotízanse mesmo a 60 céntimos
Tódalas DO’s esperan incrementar o volume da última colleita e contan cunha uva de calidade excepcional. As altas temperaturas da pasada semana fan que sexa unha das vendimas máis temperás en todas as demarcacións
Os veciños de Remuíño, na comarca do Ribeiro, xuntáronse para avanzar nun proxecto conxunto co que poñer a producir as terras da aldea. No mes de novembro presentaron toda a documentación para que a Xunta cree un polígono agroforestal de 260 hectáreas e desde entón agardan que a Consellería “mova ficha”
A vendima volve ás datas habituais e comezará na primeira quincena de setembro. As viñas atópanse nun bo estado sanitario e agárdanse boas producións de uva que mesmo poden chegar a cifras históricas
Eduardo González Bravo e o seu irmán Tomás son a segunda xeración á fronte desta adega familiar do Ribeiro que o pasado ano elaborou o mellor viño branco galego. Coñecemos máis sobre as súas elaboracións e os coidados que fan dos seus viñedos
Coñecemos os resultados obtidos polo investigador José Manuel Mirás en distintas experiencias de rega en viñedos de Albariño, Treixadura ou Godello en diferentes zonas de Galicia
O doutor en Historia da Arte Francisco Singul detalla a relación que existiu xa na Idade Media entre o viño e o Camiño de Santiago e que aínda persiste
Xoán Pablo Lorenzo elabora os únicos vinagres artesanais de Galicia. Quixo aproveitar un recurso infravalorado e desbotado e converteuno nun produto gourmet que xa están empregando destacados cociñeiros e recibiu o recoñecemento internacional con só 2 anos no mercado