Avanzan os traballos de construción de novas captacións de auga para o regadío da Limia
Prevese que no mes de febreiro estean rematados os 40 pozos de sondaxe previstos, cun orzamento de 16 millóns de euros
Prevese que no mes de febreiro estean rematados os 40 pozos de sondaxe previstos, cun orzamento de 16 millóns de euros
Adegal solicita á Consellería do Medio Rural axudas directas ás producións en regadío polo incremento dos custos da enerxía e para competir en condicións semellantes ás de Castela ou País Vasco, onde se habilitaron compensacións
Impartirase de forma presencial no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo desde o 3 ao 7 de outubro, en horario de tarde
En 20 anos esta gandería pasou de 50 cabezas a case 700. O medre obrigounos a construír instalacións, gañar base territorial e contratar persoal. Traballan 140 hectáreas de terreo e teñen 8 empregados. A base de protocolizar os traballos lograron estabilidade e eficiencia
O historiador Sergio Pereira e o arquitecto Daniel Vázquez poñen o foco nas infraestruturas e no uso e control que durante anos se fixo da auga de regadío. Coñecemos máis desta iniciativa
A investigadora María Fandiño afonda sobre os beneficios da rega nos viñedos e sobre o aproveitamento da auga que fan as cepas. Con ela coñecemos as vantaxes e inconvenientes que pode supoñer regar as cepas
O conselleiro do Medio Rural reuniuse co delegado do Goberno en Galicia para abordar, xunto cos representantes dos regantes, os trámites necesarios para a execución dos 42 novos pozos de sondaxe de auga previstos
Uns 12 millóns de euros irán destinados a sufragar a limpeza das canles e dos camiños paralelos e outros 15,9 millóns forman parte dun proxecto de mellora da eficiencia e da sustentabilidade dos regadíos. A maiores, a Xunta aportará outros 4 millóns para completar a rede de pozos
Coñecemos os resultados obtidos polo investigador José Manuel Mirás en distintas experiencias de rega en viñedos de Albariño, Treixadura ou Godello en diferentes zonas de Galicia
O enxeñeiro técnico agrícola Andrés Graña aporta algunhas recomendacións a ter en conta á hora de programar e automatizar o rego de cultivos. As novas tubaxes, sistemas de montaxe máis sinxelos e regadores máis versátiles son algunhas das novidades neste sector