A Deputación reivindica que a instalación pública é unha alternativa máis competitiva que outros centros privados. Acordan unha suba de 16 céntimos das tarifas por animal e día debido ó incremento dos pensos e materias primas para alimentación do gando, así como polo aumento de custos de persoal
Alejandro Pérez, técnico veterinario do centro de recría valenciano Cowvet, explicou nas xornadas de Africor Lugo a súa experiencia na utilización de novas ferramentas, como os crotais electrónicos para o control do crecemento das becerras ou os colares de actividade para a detección de celos en xovencas
A incorporación da robotización e das tecnoloxías da información e a comunicación, especialmente con ferramentas como o big data e a intelixencia artificial, están a revolucionar a forma de traballar nas granxas. Analizamos o futuro dos avances aplicados a explotacións de produción de leite
As granxas San José (Huesca), Santa Teresa (Toledo) e a SAT galega Busto Corzón analizan os desafíos que perciben para os próximos anos. A xestión do persoal e as esixencias ambientais son algunhas das prioridades destas gandarías referentes en vacún de leite
Ubicada na parroquia da Pena, en Sarria, esta gandería manda as xatas pequenas ao centro de recría da cooperativa Aira, que lle sirve tamén diariamente a ración para as vacas en produción. Miguel e a súa irmá Lorena veñen de modernizar as instalacións coa colocación de tres robots de muxido para centrarse en coidar dos animais
"Eu mellorei o 100%, porque pasar de 30 a 40 litros cámbiao todo". Así resume Miguel López a situación da súa explotación trala construción fai tres anos dunhas novas instalacións con muxido automatizado. Todo nesta gandería de Láncara está pensado en función diso
Pablo Rodríguez é un mozo de 22 anos que fai 4, con só 18, decidiu coller a explotación de subsistencia de seus avós, Gandería Xuíz, na parroquia de Remesar, no concello lugués de Bóveda, e convertela nunha moderna gandería de leite que xa ten intención de ampliar. Falamos con el dos motivos que o levaron a apostar polo rural
Álex Bach, recoñecido experto en recría de vacún leiteiro explicou no seminario online de “Especialistas en novillas” as claves para mellorar a rendibilidade da recría nas gandarías de vacún de leite
Unha empresa galega crea un sistema de certificación que garante que os xatos foron encalostrados correctamente, teñen máis de 14 días de vida e están libres de enfermidades como IBR ou BVD, o que incrementa o seu prezo no mercado
Esta gandería alemá, ubicada en Saxonia, é propiedade dunha sociedade agrícola que conta con 2.600 hectáreas de terras de cultivo e 90 traballadores. Coñecemos o seu manexo da recría e das vacas en produción
Temor no sector a que se forme un tapón no mercado de animais de recría. No gando para sacrificio, parte dos matadoiros paralizan as compras de vacún maior polo peche de restaurantes e cadeas de hamburguesas. O mellor momento corresponde ó vacún mediano, cunha alta demanda nos supermercados
Os técnicos de De Heus explican as claves e os resultados do Plan Kaliber de recría de xovencas, que cumpre dous anos
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.